Catarina de Stafford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Catarina de Stafford
The Tomb of Michael de la Pole, 2nd Earl of Suffolk and his wife.jpg
Nacementoc. 1376
Falecemento8 de abril de 1419
PaiHugh de Stafford, 2nd Earl of Stafford
NaiPhilippa de Beauchamp
CónxuxeMichael de la Pole, 2nd Earl of Suffolk
FillosMichael de la Pole, 3rd Earl of Suffolk, William de la Pole, 1st Duke of Suffolk e Katherine de la Pole
IrmánsMargarida de Stafford
editar datos en Wikidata ]

Catarina de Stafford (en inglés: Katherine de Stafford), condesa de Suffolk, nada arredor de 1376 e finada o 8 de abril de 1419, era unha filla de Hugh de Stafford, 2.º conde de Stafford e a súa muller Philippa de Beauchamp. Polo seu matrimonio a Michael de la Polo, 2.º conde de Suffolk, converteuse en condesa de Suffolk.

Familia[editar | editar a fonte]

Catarina foi un dos nove fillos de Hugh de Stafford e a súa muller Philippa de Beauchamp. Algúns dos seus irmáns son Margarida de Stafford, condesa de Westmorland e Edmund Stafford, 5º conde de Stafford.

Os seus avós paternos foron Ralph Stafford, 1º conde de Stafford e Margarida de Audley. Os seus avós maternos foron Tomé de Beauchamp, 11º conde de Warwick e Catarina Mortimer, filla de Roger Mortimer.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Walker, Simon (2004). Pole, Michael de la, second earl of Suffolk (1367/8–1415). 22453.