Catarina Paraguaçu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCatarina Paraguaçu

Monumento do dous de xullo, Salvador. Alegoría de Catarina Paraguaçu.
Biografía
Nacemento1503 Editar o valor em Wikidata
Bahia Editar o valor em Wikidata
Morte26 de xaneiro de 1583 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Bahia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesCatarina do Brasil Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeCaramuru (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Catarina Álvares Paraguaçu,[1] nada en Baía en 1495 e finada en ibídem o 26 de xaneiro de 1583, foi unha indíxena tupinamba, da rexión onde hoxe se atopa o estado da Baía. Segundo a certificado do bautismo, realizado o 30 de xullo de 1528 en Saint-Malo, en Francia, e atopado no Canadá, o seu nome verdadeiro sería "Guaibimpará" e non "Paraguaçu" (nome que significa "mar grande"), como rexistra frei Santa Rita Durão no seu poema Caramuru.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi ofrecida como esposa polo seu pai, o cacique Taparica, ó náufrago portugués Diogo Álvares, o Caramuru, que gozaba de grande preminencia entre os tupinambás de Baía. Adoptou o nome cristián de Catarina do Brasil. Catarina e Diogo Caramuru formaron a primeira familia cristiá do Brasil. Alén diso, eles formaron a primeira familia documentada do Brasil. É considerada a nai simbólica da nación brasileira.[2] Faleceu en idade avanzada o ano de 1583 e elaborou testamento existente até hoxe no Mosteiro de San Bento da Baía no cal deixa seus bens para os monxes beneditinos. Os seus restos mortais repousan na Igrexa e Abadía de Nosa Señora da Graza, en Salvador.[2][3]

Unha imaxe de Catarina Paraguaçu se encontra aos pés do Caboclo do dous de xullo, monumento localizado na praza do Campo Grande no centro de Salvador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo o certificado de nacemento de Catarina,o seu nome orixinal era Guaibimpará, e non Paraguaçu.
  2. 2,0 2,1 Missa lembra valor histórico da índia Catarina Paraguaçu Arquivado 15 de xullo de 2020 en Wayback Machine. (1999), recuperado em 14/09/2015
  3. Ribeiro, Carlos Leite. Caestamosnos.org, ed. "Efemérides - Caramuru (Diogo Álvares Correia) - Morreu a 06 de Outubro de 1557".