Catarina Martins
Catarina Martins | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de setembro de 1973 |
Lugar | Porto |
Nacionalidade | Portugal |
Educada en | Universidade do Porto |
Profesión | actriz, política e actriz de teatro |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Catarina Soares Martins, nada o 7 de setembro de 1973 en Porto é unha lingüista e política portuguesa, deputada e voceira do Bloco de Esquerda (BE).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciada en linguas e literaturas modernas, estudou teatro na Academia de Coímbra e fundou[1] o grupo teatral Visões Úteis en 1994, e foi dirixente da asociación de artes escénicas, Plateia. Membro da Mesa Nacional do BE, é deputada na Asemblea da República desde 2009.
Canda João Semedo resultou elixida coordinadora do BE o ano 2012 sucedendo a Francisco Louçã.
O 30 de novembro de 2014, tras a IX Convención do BE, Semedo abandonou o liderado que asumiu unha Comisión Permanente composta por seis membros, con Martins como voceira.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Ficha na web do grupo teatral". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2015.