Catanduanes
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Filipinas | ||||
Rexión | Região de Bicol (pt) | ||||
Capital | Virac (pt) | ||||
Contén a división administrativa | Bagamanoc (pt) Baras (pt) Bato (pt) Caramoran (pt) Gigmoto (pt) Pandan (pt) Panganiban (pt) San Andres (pt) San Miguel (pt) Viga (pt) Virac (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 271.879 (2020) (182,2 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 53.482 (2015) | ||||
Lingua usada | Southern Catanduanes Bikol (en) Pandan Bikol (en) Lingua bikol central | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.492,16 km² | ||||
Bañado por | Mar de Filipinas | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 26 de setembro de 1945 | ||||
Organización política | |||||
• Governor of Catanduanes (en) | Joseph Cua (en) (2016–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Prefixo telefónico | 52 | ||||
ISO 3166-2 | PH-CAT | ||||
Sitio web | catanduanes.gov.ph |
Catanduanes é unha illa provincia situada na rexión de Bicol de Luzon en Filipinas. É a 12ª illa máis grande de Filipinas. A súa capital é Virac, e a provincia atópase ao leste de Camarines Sur ao outro lado da Canle de Maqueda. Tiña unha poboación de 260.964 habitantes rexistrados no censo de 2015.
A provincia comprende a Illa de Catanduanes (tamén chamada Illa de Virac), a illa de Panay, a illa Lete, o grupo de illas Palumbanes (Porongpong, Tignob e Calabagio) e algúns outros pequenos illotes circundantes e rochas.
Catanduanes era unha sub-provincia de Ambos Camarines na década de 1900s e máis adiante de Albay. Gañou a autonomía provincial cando o congresista Francisco Perfecto promoveu o "House Bill Nº 301" que separou a provincia de Albay. Foi aprobado o 26 de setembro de 1945 e subsecuentemente asinado como lei por Sergio Osmeña o 24 de outubro de 1945. Remigio Socito, o último Tenente Gobernador, foi designado como o primeiro Gobernador Provincial. Cando se celebraron as eleccións en 1947, Alfonso V. Usero converteuse no primeiro gobernador elixido.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Illa de Cobos, foi o primeiro nome de Catanduanes, dado polos conquistadores españois durante a primeira parte de 1573 cando se atopou con varias tribos que vivían nas chozas de palla chamadas cobos.
Catanduanes, é un termo hispanizado derivado da palabra tandu, un escaravello nativo e da árbore samdong, que se atopan en abundancia en toda a illa e "katanduan" ou "kasamdongan", é un lugar onde a árbore do "tandu" ou do "samdong" crece en abundancia, e de aí procede "Catanduanes".[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Período pre-español
[editar | editar a fonte]Datos (xefes, monarcacas filipinos) de Borneo establecéronse na illa de Panay. Os seus descendentes emigraron por todo o arquipélago e convertéronse nos primeiros colonos en Catanduanes. A illa non se librou da incursións dos Mouros que viñan da illa de Mindanao. Debido a estas incursións destrutivas, moitos rexistros do pasado foron destruídos e perdidos.
Período español
[editar | editar a fonte]En 1573 Juan de Salcedo chegou a Catanduanes para capturar piratas, pero conquistou aos nativos. Tres anos máis tarde, unha expedición do galeón de Acapulco naufragou preto da illa e os sobreviventes foron asasinados ou feitos escravos. A igrexa de Batalay en Bato, a só varios quilómetros da capital de Virac, marca ese acontecemento histórico.
Evanxelización
[editar | editar a fonte]A evanxelización da illa comezou vinte anos máis tarde cando os soldados españois, logo de subxugar Bicol, volveron con misioneiros franciscanos. Os misioneiros armados coa cruz e apoiados pola espada dos conquistadores evanxelizaron toda a poboación sen moita resistencia, logo de converter inicialmente ás tribos do sur.
Cristianización
[editar | editar a fonte]De 1600 a 1857, os colonizadores estableceron nove centros de gobernos locais mediante o establecemento de parroquias: Caramoran (1601); Pandan (1650); Viga (1661); Panganiban (1663); Virac (1775); Bato (1830); e San Andres (1853). Durante a década de 1950, creouse Baras. Bagamanoc, un municipio próspero durante o período español reduciuse a un mero barrio de Viga e posteriormente de Panganiban, durante o réxime estadounidense. Oficialmente converteuse nun municipio en 1950 seguido por Gigmoto en 1951, e San Miguel en 1952. Foi durante este período que a illa viu o seu propio crecemento de desenvolvemento. Coa constuccións de estradas e centros comerciais.
Período americano
[editar | editar a fonte]Durante o dominio americano, algúns lugareños negáronse a recoñecer a soberanía dos Estados Unidos, e a maioría deles fuxiron ás montañas. A ocupación americana non durou moito tempo. En 1934, os estadounidenses deixaron o control da illa.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Durante a guerra do Pacífico, Catanduanes non se salvou da invasión xaponesa. O Imperio xaponés creou guarnicións en diferentes partes da illa e fortificouna fortemente.
Día da Independencia
[editar | editar a fonte]Tres meses logo da independencia filipina dos Estados Unidos, Catanduanes foi finalmente recoñecida como unha provincia separada e independente de Albay a través da Lei da Commonwealth Nº 687 escrita polo entón Representante Francisco Perfecto. A independencia foi aprobada polo Congreso de Filipinas o 26 de setembro de 1945, a lei asinouse polo presidente Sergio Osmeña o 24 de outubro de 1945, e entrou en efecto o 26 de outubro de 1945.[2]
Catanduanes converteuse na sexta provincia da rexión de Bicol coa firma da lei. Remigio Socito, o último Tenente Gobernador de Catanduanes foi nomeado como o primeiro Gobernador Provincial. Cando se celebraron as eleccións en 1947, Alfonso V. Usero converteuse no primeiro gobernador electo.
O 26 de setembro de 1945, Catanduanes foi recoñecida como unha provincia separada e independente, baixo a Lei da República Nº 159, do 26 de xuño de 1947, a antiga municipalidade de Caramoan foi recreada fóra do Municipio de Pandan. Baixo R.A. Nº 491, de data 12 de xuño de 1950, tamén se creou o Municipio de Bagamanoc.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Catanduanes está situado na franxa máis oriental de Luzon. A illa limita ao oeste coa Canle de Maqueda, ao sur co Golfo de Lagonoy, e ao norte e ao leste co mar de Filipinas. A provincia tamén comprende varias illas pequenas. A súa superficie total de terra é aproximadamente de 1.492´16 km². As costas, que se estenden ata case 400 km, están dentadas con moitas baías.
A topografía da illa de Catanduanes é accidentada e montañosa, chegando a ser máis pronunciada cara á porción central da illa. Menos do 10 por cento da superficie da terra ten un gradiente de pendente inferior ao 8 por cento, na súa maior parte franxas longas e estreitas de chairas situadas ao longo das zonas costeiras onde están asentados a maioría dos habitantes. O pico máis alto está en Boctot, situado entre os municipios de Virac e San Miguel cunha elevación de 803 m. sobre o nivel do mar. É un cordal con grandes bosques primarios e a conca exerce unha grande influencia sobre os seus arredores inmediatos que inclúen os municipios de Virac, Bato, e San Miguel.
As terras baixas inclúen as chairas de Virac, de Viga, de San Andrés e a chaira de inundación do río Bato. Os municipios costeiros con pequenas áreas agrícolas nas terras baixas son Pandan e Caramoran. As terras baixas máis extensas atópanse nas partes meridionais da provincia. A chaira costeira máis grande esta contigua ás zonas húmidas de Viga, Panganiban e Bagamanoc, sobre o cal atópase a maior área de arrozais e [[mangleiros de nipa.
Dez dos once municipios da provincia están situados ao longo das franxas costeiras, sobre as cales localízanse as súas chairas maiormente fracturadas. O único municipio sen litoral é San Miguel co seu centro urbano, asentado nun lugar totalmente desprovisto de terras chas.
Clima
[editar | editar a fonte]Sen unha pronunciada estación seca, a precipitación distribúese bastante ben ao longo do ano, chegando a ser máis húmido no último cuarto dos primeiros meses do primeiro trimestre, cando as perturbacións tropicais e os ventos do monzón especialmente o Monzón Nordés (Amihan) trae fortes choivas. Oresto dos meses caracterízanse por períodos curtos de días secos e bo tempo, agás en xullo e agosto, cando os ventos do monzón do noroeste e o vento seco intensifícanse.
A posición xeográfica de Catanduanes tena completamente exposta ao Mar de Filipinas. Polo tanto, é coñecida como "Terra dos Ventos Aullantes" porque é visitada frecuentemente polas tormentas tropicais.
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]Catanduanes componse de 11 concellos, todos englobados no distrito lexislativo de Catanduanes (distrito lexislativo único).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Brief Historical Background". Catandungan; The Official Website of Catanduanes. Provincial Government of Catanduanes. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2016.
- ↑ http://www.bicolperyodiko.com/index.php/catanduanes
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catanduanes |