Catalunya Diu Prou
| Catalunya Diu Prou | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Catalunya Diu Prou foi unha plataforma que apoiaba accións que buscarían levar a Cataluña e os Países Cataláns no seu conxunto á independencia. O movemento comezou na primavera do 2012 como unha iniciativa duns trinta empresarios que querían promover a insubordinación fiscal.[1][2] En 2014, uns setenta concellos seguiran o consello da plataforma de pagar impostos á Axencia Tributaria de Cataluña (ATC) e figuras destacadas como Ernest Margall seguiran o exemplo.[3]
Accións destacadas
[editar | editar a fonte]Ó promover a insubordinación fiscal en España, pretende obter a plena soberanía fiscal para Cataluña e garantir que os impostos cataláns permanezan en Cataluña. Por iso, dende abril de 2012, inicialmente oito empresarios e autónomos,[2] pagaron os seus impostos (IRPF e IVE) é ATC en lugar de facerllo á axencia española. Máis tarde, sumáronse os concellos de Gallifa e Alella.[4] En febreiro do 2013, a Associació de Municipis per la Independència aprobou pedir a todos os seus concellos que tamén pagasen os seus impostos á Axencia Tributaria de Cataluña.[5] En xullo do 2013, eran xa cincuenta concellos, e no 2014 unha setenta.[3]
A entidade ofreceu aos cataláns residentes no estranxeiro a posibilidade de presentar unha denuncia colectiva contra os responsables de impedir que miles de persoas votasen desde o estranxeiro nas eleccións catalás do 25-N do 2012. A entidade denunciou unha "denegación sistemática" de votos por parte de embaixadas e consulados, baseada en grandes dificultades e na imposibilidade de obter documentación. En colaboración coa páxina web Catalans al món, recolléronse arredor de corenta denuncias e máis de 450 queixas de cataláns no estranxeiro e presentáronse ante o xulgado.
A organización denunciou ó coronel en reserva, Francisco Alamán Castro, por ameazaren cunha intervención militar contra Cataluña e incitar á violencia contra o soberanismo, desprezando o estado de dereito e a democracia. A denuncia interpúxose por «ameazas, sedición e apoloxía do xenocidio, entre outros delitos».[6] O Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña aceptou a demanda, mais o fiscal resolveu arquivala baixo o argumento da liberdade de expresión, comparando o seu discurso violento co do dereito a decidir.
Ofreceu asesoramento xurídico ós participantes da campaña No vull pagar.[7] Tamén as dúas principais entidades de Catalunya Diu Prou, Ara o Mai e o Centre Autonomista de Dependents del Comerç i de la Indústria (CADCI), asinaron en sesión parlamentaria un documento de defensa xurídica conxunta dos participantes, xunto cos partidos ERC, Solidaritat Catalana per la Independència, Reagrupament e CUP.[8]
A organización, impulsada por Carme Teixidó, progresivamente deixou de ter actividade.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Solé, Astrid (2012-10-17). "Catalunya Diu Prou encoratja a la insubmissió fiscal". betevé (en catalán). Consultado o 2026-06-10.
- 1 2 Muñoz, Albert (2012-04-12). "Vuit empresaris paguen l’IVA a l’Agència Tributària de Catalunya". betevé (en catalán). Consultado o 2026-06-10.
- 1 2 Agències (04 abril 2014). "Ernest Maragall s'afegeix a la campanya ‘Catalunya diu prou'". El Punt Avui (en catalán).
- ↑ "Alella s'afegeix a Gallifa i ingressa els impostos només a l'Agència Tributària Catalana" (en catalán). 324.cat. 2013-01-17. Consultado o 2026-06-10.
- ↑ "La desobediència civil no és notícia" (en catalán). Media.cat. 2013-02-15. Consultado o 2026-06-10.
- ↑ "La fiscalía del TSJC acepta la denuncia contra el coronel que amenazó con una intervención militar en Catalunya". El Periódico (en castelán). 2012-09-23. Consultado o 2019-12-20.
- ↑ "El moviment 'No vull pagar' registra 100.000 casos, 20.000 sancionats, segons la plataforma" (en catalán). Europa Press. 2013-03-15. Consultado o 2026-06-10.
- ↑ Acn (2012-05-18). "Els partits independentistes i les plataformes antipeatge criden a fer un #novullpagar massiu aquest diumenge". Ara. Consultado o 2019-12-20.
- ↑ Barnils, Andreu (2020-04-28). "Carme Teixidó: ‘Entre els autònoms hi ha molta desesperació’". VilaWeb (en catalán). Consultado o 2026-06-10.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Manifest Insubmisos de Catalunya Diu Prou". Manifest (en catalán). 2012-07-10. Consultado o 2026-06-10.