Saltar ao contido

Catalpa común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Catalpa común
Catalpa bignonioides
Thomas Walter (pt) Traducir 1788 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
C. bignonioides Editar o valor en Wikidata
Características
 Tipo de follaxe
 Fonte de
Conservación
Localización
 Área de distribución
Diagrama de tamaño
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
ReinoPlantae
DivisiónFanerógama Magnoliophyta
ClaseMagnoliopsida
OrdeLamiales
FamiliaBignoniaceae
TriboTecomeae
XéneroCatalpa
EspecieC. bignonioides
Identificadores
Freebase/m/0f1qdl Editar o valor en Wikidata
UNII56Y0E8OG0Z Editar o valor en Wikidata
ITIS34313 Editar o valor en Wikidata
OTT733774 Editar o valor en Wikidata
UICN61985360 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A catalpa común[1] (Catalpa bignonioides) é unha árbore frondosa de folla caediza orixinaria do sueste dos Estados Unidos de América en Alabama, A Florida, Xeorxia, A Luisiana, e Mississippi. Por este motivo tamén se lle coñece coma catalpa do sur.

É unha común árbore ornamental nas rúas e xardíns urbanos de Galiza.

Froitos aínda inmaturos.
Catalpa común
Follas

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha árbore de follas caedizas 15 a 18 m de altura, cun toro de até 1 m de diámetro, coa casca pardo cinsenta. As follas son grandes, acorazonadas, de 2 a 3 dm de lonxitude e 1,5 a 2 dm de largo. As flores son de 2 a 4 cm, a xeito de trompeta, abrancazadas con tacas amarelas e violetas, en panículas de entre 20 a 40.

O froito é unha vaíña grande e longa (lembra aos legumes) de 2 a 4 dm de longo e 8 a 10 mm de diámetro, que fican nas pólas polo inverno. As vaíñas teñen numerosas sementes pardas achatadas con dúas ás delgadas.

Está emparentada coa Catalpa speciosa (Catalpa do norte), que se distingue polas panículas florais, con flores máis miúdas e máis numerosas.

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]

Úsase moito coma ornamental, tanto en pés illados coma formando fileiras nas rúas e avenidas. Atura a seca mais gusta dos solos húmidos e do sol. Tense naturalizado en todo o mundo. É unha especie que atura ben a polución. Por todos estes motivos é unha especie axeitada coma ornamental en Galiza.

Catalpa bignonioides.

A madeira é moi boa e dura, polo que o seu traballo non é doada; úsase moito para postes e travesas do camiño de ferro.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

Principios activos: catalpina, ácido p-oxibenzoico e protocaquético.[2]

Indicacións: febrífugo, lixeiramente narcótico, sedante, asmático. Tense usado coma sucedáneo da quinina para as febres dos pantanos e como colirio para o tracoma e na conxuntivite. As raíces son velenosas. Úsanse a casca e os froitos.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Thomas Walter e publicado en Flora Caroliniana, secundum . . . 64. 1788.[3]

Etimoloxía

O nome deriva dos catawba americanos nativos dos Estados Unidos de América que a chamaban de catawba (o uso de Catalpa é un erro de transcrición do botánico Scopoli, que fixo a primeira descrición formal do xénero).

bignonioides: epíteto latino composto que significa "semellante a Bignonia.

Sinonimia
  • Bignonia catalpa L. - basiónimo
  • Bignonia spectabilis Salisb.
  • Catalpa arborea Baill.
  • Catalpa bignonioides f. aurea Bureau
  • Catalpa bignonioides f. koehnei (Hesse) Dode
  • Catalpa bignonioides f. nana Bureau
  • Catalpa bignonioides f. pulverulenta Bean
  • Catalpa bignonioides f. rehderi Paclt
  • Catalpa bignonioides f. variegata Bureau
  • Catalpa catalpa (L.) H.Karst. nom. inval.
  • Catalpa communis Dum.Cours.
  • Catalpa cordifolia Moench
  • Catalpa syringifolia Sims
  • Catalpa syringifolia var. koehnei Hesse
  • Catalpa ternifolia Cav.
  • Catalpa umbraculifera Ugolini
  • Catalpium amena Raf.[4][5]
  1. Nome vulgar galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. 1 2 "en Plantas útiles". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2010. Consultado o 29 de outubro de 2013.
  3. "Catalpa común". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de setembro de 2013.
  4. Sinónimos en The Plant List
  5. "Catalpa común". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 4 de setembro de 2013.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]