Catarina de Cambridge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Catalina de Cambridge")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Catarina de Cambridge
Duquesa de Cambridge
Kate Middleton at the Garter Procession 2008.jpg

Nome completo Catherine Elizabeth Middleton
Outros títulos
    • Princesa de Guillerme Arturo Filipe Luís
    • Condesa de Strathearn
    • Baronesa Carrickfergus
    Nacemento 9 de xaneiro de 1982
    Reading, Berkshire, Inglaterra Inglaterra
    Cónxuxe/s Príncipe Guillerme, duque de Cambridge
    Descendencia
  • Casa real Casa de Windsor
    Proxenitores Michael Francis Middleton
    Carole Elizabeth Goldsmith

    Escudo de Catarina de Cambridge

    Catarina, duquesa de Cambridge, nada como Catherine Elizabeth Middleton, en Reading, Berkshire, o 9 de xaneiro de 1982, é a esposa do príncipe Guillerme, duque de Cambridge. Antes do seu matrimonio, era coñecida popularmente como Kate Middleton.

    Desde o inicio da súa relación co príncipe a prensa seguiu con atención a súa vida privada e en moitas ocasións especulouse sobre unha eventual voda. O 16 de novembro de 2010, emitiuse un comunicado desde Clarence House, no que se anunciou o compromiso entre Middleton e o príncipe Guillerme. A voda real celebrouse o día 29 de abril de 2011 na Abadía de Westminster, e na que se converteu na duquesa de Cambridge.[1][2]

    A duquesa Catarina creceu no condado de Berkshire. Asistiu a Marlborough College e posteriormente ingresou na Universidade de Saint Andrews. Alí coñeceu ao príncipe Guillerme no ano 2001, quen tamén se atopaba estudando na mesma universidade. Empezaron a saír xuntos en 2003 e, aínda que tiveron unha breve ruptura en 2007, retomaron a súa relación.

    O 3 de decembro de 2012 anunciouse publicamente que a Duquesa de Cambridge está embarazada, esperando o seu primeiro fillo.[3] O príncipe George de Cambridge (George Alexander Louis)[4][5][6] nacería en Londres, o 22 de xullo de 2013)[7][8], sendo o primoxénito do príncipe Guillerme de Cambridge e da súa dona, Catarina, duquesa de Cambridge. É neto do príncipe Carlos de Gales e mais da princesa Diana de Gales (falecida en 1997); e bisneto da raíña Isabel II do Reino Unido e do príncipe Filipe, duque de Edimburgo. Polo tanto, é o terceiro na liña de sucesión ao trono británico, despois do seu avó e seu pai, aos tronos de 16 estados independentes, aínda que residirá principalmente e estará directamente ligado ao Reino Unido, o máis antigo destes dominios.

    O 2 de maio de 2015 naceu a princesa Charlotte de Cambridge, a segunda filla de Catarina e Guillerme de Cambridge.[9]

    Notas[editar | editar a fonte]

    Véxase tamén[editar | editar a fonte]

    Outros artigos[editar | editar a fonte]