Castromaior, Abadín
Castromaior | |
---|---|
Padrón, lugar de Castromaior. | |
Concello | Abadín[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°20′00″N 7°32′00″O / 43.33333333, -7.53333333 |
Área | 11,93 km² |
Poboación | 158 hab. (2019) |
Densidade | 13,24 hab./km² |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán de Castromaior é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Limita coas parroquias de Candia, Goás e Aldixe; e a de Corvelle (no concello de Vilalba).
Pertence ó arciprestado de San Simón e ten 196 habitantes distribuídos en 10 entidades de poboación (2004): A Arnela (7), O Barral (33), Billetes (19), Celme (30), Egoeiras (22), Fontefeal (20), Fraga (13), As Paredes (35), Rega do Foxo (1) e Roxoa (16), sendo a súa densidade media de 16,4 hab/km2. A superficie da parroquia é de 11,93 km2. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 170 habitantes, sendo 73 homes e 97 mulleres.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- O Pazo da Roxoa é unha propiedade privada que non está aberta ás visitas. Está situado na ladeira dun outeiro que baixa cara ao val, con arborado abundante na leira e arredores. Ten planta rectangular con corpos engadidos na parte posterior. Na fachada principal hai unha porta de arco de medio punto, gran lápida de pedra e 2 escudos con data de 1510; o patín central é de cachotería e 4 columnas de pedra. Fonte de 2 canos con mascaróns, cerca do pazo. Capela na parte traseira. Cruceiro á entrada. Muros de cantería granítica. Cuberta de lousa a catro augas.
- Igrexa parroquial de San Xoán de Castromaior, situada na aldea do Barral. A Igrexa está emprazada sobor dun antigo castro, construída no século XVI e reformada posteriormente. De planta rectangular, cuberta de lousa a dúas augas. Sancristía acaroada na cabeceira. Fachada coa porta de entrada de arco escarzano, arquivolta en aresta e moldura exterior sinxela; tímpano adlintelado e mochetas con decoración xeométrica; e con espadana dun só van. O muro lateral ten unha frecheira. No interior destaca o retablo maior barroco do século XVIII, dous retablos laterais de traza popular e un arco sepulcral co escudo de Xoán Montenegro, do 1622.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Castromaior
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Castromaior no concello de Abadín (provincia de Lugo) | |
---|---|
A Arnela | O Barral | Billetes | Bioces | A Canteirada | Celme | Egoeiras | Entrelorríos | Fontefeal | Fontemuín | Fosas | Fraga | O Grandón | As Paredes | O Pazo | A Pedreira | Rega do Foxo | Roma | Roxoa | Sever | Suarriba | A Tarroeira |
Parroquias de Abadín
[editar | editar a fonte]