Castro de Vilasanche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°30′03″N 8°15′42″O / 43.50097, -8.26174

Castro de Vilasanche
ParroquiaSerantes
ConcelloFerrol
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Id. catálogoGA15036008
Cronoloxía
Períodos de escavaciónescavado parcialmente
Estado actualabandono
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Vilasanche é un castro de cumio situado no val de Serantes, no concello de Ferrol[1].

Descrición[editar | editar a fonte]

O castro ocupa todo o cumio do monte aínda que a croa é de pequenas dimensións, os antecastros e defensas aproveitan os socalcos do monte como defensas naturais. O recinto principal mide de norte a sur uns 30 m e de leste a oeste uns 26 m. O primeiro antecastro ao oeste cun ancho duns 19 m, e o segundo antecastro ao leste duns 120 m e un ancho duns 50 m. As medidas totais do poboado serían duns 240 metros de norte a sur e de 70 metros de leste a oeste leste. O acceso orixinal estaría ao sur da croa e ascende en espiral. Téñense atopado anacos de cerámica na zona.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]