Castro de Riotorto
Castro de Riotorto | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | Desaparecido | |||
Datas | ||||
Escavación | 1992 | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Laracha | |||
Parroquia | Cabovilaño ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA15041004 | |||
[ Wikidata ] |
O castro de Riotorto, tamén chamado Os Castros ou o Petón do Castro, era un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O sitio arqueolóxico foi destruído polos movementos de terras derivados das obras de construción da autovía AG-55, entre A Coruña e Carballo. Consérvase só unha pequena parte do recinto, pero non é accesible.
Constaba dun único recinto fortificado de forma ovalada protexido por un terraplén de 5 metros de altura. A croa estaba protexida polo leste por un pequeno antecastro rodeado por un parapeto de metro e medio de altura exterior.
As dimensións do conxunto eran de 52 metros no eixo norte-sur e 75 no leste-oeste.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Foi escavado por un equipo de arqueólogos dirixido por Purificación Soto Arias en 1992, con motivo das obras da autovía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar[Ligazón morta]. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010