Castro de Montesclaros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 43°14′40″N 8°36′22″O / 43.24448, -8.60602

Castro de Montesclaros
Castro de Montesclaros A Laracha.jpg
ParroquiaVilaño
ConcelloA Laracha
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGaliza
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de ferro
Estado actualabandono
Extensión estimada1,65 ha.
Véxase tamén
Castros de Galiza

O castro de Montesclaros é un poboado castrexo situado na parroquia de Vilaño (A Laracha). O castro, un dos 19 existentes no concello, está situado nun outeiro sendo unha construción fortificada. As súas medidas de leste a oeste son de 150 metros por uns 140 metros aproximadamente de norte a sur, e noroeste-sueste de 175 metros, por 120 de suroeste-nordés. O castro está catalogado pola Xunta e no PXOM. Semella ter dous accesos un na zona oeste e a outra pola zona sur-leste. Todo o cumio do monte é unha plantación de eucaliptos[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]