Castro de Mouguías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Castro de Mohías»)

Coordenadas: 43°32′59″N 06°44′50″O / 43.54972, -6.74722

Castro de Mouguías
ParroquiaMouguías
ConcelloCoaña
ProvinciaAsturias
Comunidade autónomaAsturias
Cronoloxía
Datas de ocupacións. I-II
Data da descuberta1939
Períodos de escavación1968-1989
Estado actualVisitable
Extensión estimada2 km² ha.
Véxase tamén
Castros de Asturias

O castro de Mouguías[1] foi un poboado castrexo situado na parroquia de Mouguías, no concello asturiano de Coaña. Estivo habitado durante os séculos I-II.

Características[editar | editar a fonte]

O recinto sitúase nun outeiro a 1 km da costa. Cara ao norte e o oeste está protexido polo rego de Jarrío. Cara ao leste e o sur ten unha muralla de 1,5 m de ancho e tres foxos escavados na rocha alternados con outros tantos parapetos.

O trazado do espazo é bastante regular. As vivendas, en boa medida de planta cuadrangular coas esquinas arredondeadas, dispóñense ao longo de rúas cun trazado de tendencia ortogonal. Algunhas delas presentan escaleiras de acceso, polo que o recinto quizais se articulaba en varias alturas, cos alicerces sobre un foxo recheo con diversos materiais filtrantes. As construcións son de fileiras de lousa.

Hai canles de escoamento, tramos pavimentados e contrafortes acaroados ás esquinas das casas para protexelas do tránsito dos carros.

Escavacións[editar | editar a fonte]

As primeiras escavacións foron levadas a cabo entre 1968 e 1970 por Jesús Martínez e Juan Manuel Junceda, e continuadas por Emilio Olábarri durante 1971 e 1972. En 1982 Francico Jordá e J. González-Tablas realizaron algunhas sondaxes, e en 1989 Elías Carrocera levou a cabo outra escavación.

Puxéronse ao descuberto unhas 20 construcións no interior do recinto, e fíxose unha ampla sondaxe nun dos foxos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

MARTÍNEZ FERNÁNDEZ, J. (1971): "Castro de Mohías: resultados de una investigación arqueológica", en Boletín del Instituto de Estudios Asturiano 73. Oviedo, 351-356.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]