Castro de Codesido
| Castro de Codesido | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Ferreira | |||||
|
Instancia de
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Patrimonio cultural | |||||
| Id. catálogo | GA27065024 | ||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| Wikidata | |||||
O castro de Codesido é un castro situado no lugar de Ferreira, na parroquia de Codesido,[1] no concello lucense de Vilalba. O castro aparece no Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta de Galicia (Catálogo da Xunta e dos PXOM).
Descrición
[editar | editar a fonte]Dentro da croa atópanse a igrexa e mailo cemiterio parroquiais.[2] O castro ten planta circular moi alterada, mais conserva parte do muro. Atópase a unha altitude de 477 metros sobre o nivel do mar e mide 110 metros no eixo norte-sur e 127 no eixo leste-oeste. O castro posúe un manancial no interior da croa.[3]
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.
Lenda
[editar | editar a fonte]Existe unha historia de mouros no castro e que había un túnel polo que baixaban os mouros beber ao rego da Pipa, que se atopa a 700 metros do castro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ siotuga.xunta.gal (ed.). "LUGPA007" (PDF). Consultado o 30 de agosto de 2024.
- ↑ Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
- ↑ "San Martiño de Codesido". vilalba.gal. Consultado o 1 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- ARQUIVO CHAIRA: Información de Heliodoro RODRÍGUEZ, Cartín, Tardade, Vilalba (xuño de 1995) e de María Antonia GARCÍA PURRIÑOS, Torre, Codesido, Vilalba (xuño de 1995).
- Cuba Rodríguez, X. R., Reigosa Carreiras, A., Xeografía mítica da provincia de lugo (I): Cen lugares con lenda, en Croa, nº8, 1998, pp. 42-63.
- RAMIL REGO, Eduardo (1997). Xacementos castrexos do concello de Vilalba (Lugo). Análise dos emprazamentos. Revista Férvedes, 4.

