Castro de Cerdeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Castro de Cerdeira
ParroquiaRequeixo de Valverde, A Graña
ConcellosAllariz, Xunqueira de Ambía
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro de Cerdeira, tamén chamado Outeiro do Castro, é un castro situado entre a parroquia de Requeixo de Valverde, no concello ourensán de Allariz, e a da Graña, no concello tamén ourensán de Xunqueira de Ambía.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Consta dun recinto fortificado situado a 726 metros sobre o nivel do mar. Ten planta ovalada. O seu cumio é pedregoso e nel pódese distinguir un recinto murado de pedra cunhas dimensións de 150 metros no eixo norte-sur. Pola banda oeste hai unha plataforma de até 50 metros de lonxitude, mentres que pola banda sur hai outra de 20 metros. A continuación hai outro socalco de 8 metros que comunica coa plataforma do lado oeste.

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Rivas Quintas fala da existencia de nove grupos de petróglifos na aba do outeiro.

  • Primeiro grupo, coñecido como Pedra do Sol. Está situado a 150 metros da croa, na aba oeste. Contén nove círculos concéntricos cun desenvolvemento total de 60 centímetros. Outros tres motivos están formados por dous círculos concéntricos sen coviña central.
  • Segundo grupo. Está a 16 metros do anterior. Está formado por cinco círculos concéntricos de 45 centímetros de diámetro, e outro máis de 4 círculos de 33 centímetros con punto central. Ambos dispóñense sobre unha laxe de 2,45 x 1,05 metros. Tamén hai outros dous grupos de 3 círculos cada un, tres de 2 círculos (un só con punto central) e parte da curva dun único círculo de 9 centímetros.
  • Terceiro grupo. Está a 30 metros ó norte da Pedra do Sol e a 12 do segundo grupo. Ten 6 círculos concéntricos e un diámetro total de 55 centímetros.
  • Cuarto grupo. Está a 30 metros ó leste da Pedra do Sol. Ten 4 círculos concéntricos e 21 centímetros de diámetro.
  • Quinto grupo. É unha composición de dous motivos cun punto central formados por 2 círculos concéntricos, acompañado doutro motivo con 6 círculos concéntricos e outros 2 que seguen o mesmo esquema.
  • Sexto grupo. Ten 3 círculos concéntricos cun punto central. O seu diámetro é de 45 centímetros
  • Sétimo grupo. Figura como desaparecido.
  • 'Oitavo grupo. É dubidoso que se trate dun petróglifo.
  • Noveno grupo, coñecido como Cobra con Asas. Está na aba norte do monte. Ten 1,46 metros de lonxitude. Á dereita da cobra hai 8 puntos, 5 deles xuntos e outros 3 separados.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]