Castro de Bouzalonga
Aparencia
| Castro de Bouzalonga | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Deixebre | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
O castro de Bouzalonga é un castro situado na parroquia de Deixebre, no concello coruñés de Oroso.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado único de planta practicamente circular. Está defendido por un terraplén que o circunda. No lado norte, o de peores condicións defensivas, posúe tamén un foxo. A isto engádenselle no lado sur dous pequenos terrapléns illados. Nesta parte localízase probablemente a entrada do castro.
O recinto central ten unhas dimensións de 72 metros no eixo norte-sur, e 56 metros no eixo este-oeste. O terraplén exterior ten unha altura de entre 2 e 2,5 metros, mentres que o interior oscila entre os 1,5 e 2 metros.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catálogo do patrimonio. PXOM de Oroso. Febreiro do 2005.
