Castro da Braña
Castro da Braña | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castro ![]() | |||
Conservación | destruído | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Mesía | |||
Parroquia | Visantoña ![]() | |||
Datas | ||||
Ocupación | Idade de ferro | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 0,52 | |||
Patrimonio cultural | ||||
Id. catálogo | GA15026010 | |||
[ Wikidata ] |
O Castro da Braña é un poboado castrexo situado no lugar das Painceiras nos lindes da parroquia de Visantoña (Mesía) con Filgueira de Traba (Oza-Cesuras).
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]O castro apréciase que ten unha forma ovalada e que abrangue 84 por 62 metros, sendo os dous eixos en dirección LSL-ONO e SSE-NNO. Orixinariamente debeu ser de menor tamaño. Conserva un parapeto nunha zona pequena do norte dunhas dimensións de 2 metros de altura no interior e uns 3 metros no exterior. O foxo, que semella que circundaba a totalidade do castro, non supera o metro de profundidade. Un corte do parapeto permite ver a súa estrutura interna e que se trata dunha mestura de pedras de xisto e terra. Os terrapléns que se conservan son pequenos, entre o metro e os dous metros, e só parecen ser maiores no noroeste, onde poderían acadar os 3 metros de altura[1].
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non se pode visitar.
Conservación
[editar | editar a fonte]Obras de achanzamento e actividades agrícolas destruíron case todo o recinto, sendo o estado de conservación pésimo[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 [1] Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. Xacementos arqueolóxicos. Plano Xeral de Ordenación Municipal de Mesía.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |