Castlevania (serie de televisión)
| Castlevania | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||
|
Instancia de
| |||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||
|
Composto por
Castlevania, season 1 (en)
Castlevania, season 3 (en) Castlevania, season 2 (en) Castlevania, season 4 (en) | |||||||
| Autoría | |||||||
|
Creador/a
| |||||||
|
Compositor/a
| |||||||
|
Guionista
| |||||||
|
Actores de dobraxe
Richard Armitage (Trevor Belmont (en)
Alejandra Reynoso (en) Graham McTavish (Dracula (pt) James Callis (pt) Jaime Murray Theo James Adetokumboh M'Cormack Emily Swallow | |||||||
| Temática | |||||||
|
Baseado en
| |||||||
| Publicación | |||||||
|
Compañía produtora
| |||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||
|
Emisora orixinal
| |||||||
|
Formato de distribución
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Dimensión | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| Wikidata | |||||||
Castlevania é unha serie de animación estadounidense baseada na franquía xaponesa de videoxogos Castlevania. Está directamente baseada nos títulos Castlevania III: Dracula's Curse e Castlevania: Curse of Darkness de Konami. A serie conta a historia de Trevor Belmont, que defende a nación de Valaquia de Dracula e os seus seguidores.
A serie foi orixinalmente pensada como un filme, desenvolvido polo produtor Kevin Kolde e a súa compañía Project 51. Kolde tiña un contrato por un guión con Warren Ellis en 2007; o proxecto caeu nunha fase de desenvolvemento até o ano 2015, cando Adi Shankar abordou o proxecto e foi recollido polo servizo de transmisión Netflix. Powerhouse Animation Studios uniuse ó equipo e comezou a produción. O seu estilo artístico está fortemente influenciado polo anime xaponés e a arte de Ayami Kojima en Castlevania: Symphony of the Night,[1] contando no equipo con membros que traballaran na industria do anime xaponés.[2] A serie estreouse a través de Netflix o 7 de xullo de 2017,[3] e renovada para unha segunda tempada expandida ese mesmo día. A segunda tempada estreouse o 26 de outubro de 2018.[4] Unha terceira tempada de dez episodios foi confirmada por Netflix,[5] a cal foi estreada o 5 de marzo de 2020. A serie rematou coa estrea da cuarta tempada o 13 de maio de 2021. Unha nova serie ambientada no mundo de Castlevania está sendo producida por Netflix.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Cando a súa muller é queimada nunha foguera logo de ser acusada falsamente de bruxería, o vampiro Conde Vlad Dracula Țepeș declara que tódalas persoas de Valaquia pagarano coas súas vidas. Invoca un exército de demos que invade o país, causando o terror entre a poboación. Para combatelo, o cazador de monstros Trevor Belmont levántase en armas contra as forzas de Dracula, axudado pola maga Sypha Belnades e o fillo de Dracula, o dhampiro Alucard.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Glagowski, Peter (10 de xullo de 2017). "10 years of purgatory wasn't enough to keep Netflix's Castlevania down". Destructoid. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 10 de xullo de 2017.
- ↑ Narcisse, Evan (2 de agosto de 2017). io9, ed. "The Animation Studio That Made Castlevania Explains Why It Was a Dream Project". Gizmodo. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2018.
- ↑ Hill, Jacob. "Netflix Quietly Announces Castlevania Series For 2017". CBR.com. Consultado o 8 de febreiro de 2017.
- ↑ Petski, Denise (7 de xullo de 2017). "'Castlevania' Animated Series Renewed For Season 2 By Netflix". Deadline Hollywood.
- ↑ Pederson, Erik (31 de outubro de 2018). Deadline Hollywood, ed. "‘Castlevania’ Renewed For Season 3 On Netflix". Consultado o 31 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Castlevania na IMDb (en inglés).