Castelo de Xabier
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
| Castelo de Xabier | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xabier | |||||||||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||||||||
|
Parte de
| |||||||||||||||||||||
|
Edificio adxacente
| |||||||||||||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||||||||||||
|
Propietario/a
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
O castelo de Xabier[1] (en éuscaro: Xabierko gaztelua) está situado nunha loma* da localidade navarra de Xabier, a 52 km ao leste de Pamplona e 7 km ao leste de Sangüesa. Data do século X. Neste castelo naceu e viviu San Francisco Xabier, fillo dos Señores de Xabier, e de aquí tomou o seu apelido.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome de Xabier provén do éuscaro etxebarri[2] (casa nova) que na súa evolución transformouse en Xabier.

Descrición
[editar | editar a fonte]Consta de tres corpos, sucesivamente graduados en orde de antigüidade. Destacan a "Torre do Santo Cristo", bastión e capela onde se atopa un interesante crucifixo tardogótico e unha serie de pinturas murais representando a danza da morte, única en España. Destacan tamén a torre da homenaxe e o museo dedicado á vida do santo. Nos seus baseamentos hai pegadas e zócolos musulmáns que poderían ser do século X. No XI formouse o primeiro recinto envolvente que acubillou as primeiras habitacións. No século XIII agregáronse, polas catro orientacións, dous corpos poligonais e dúas torres flanqueantes.

O castelo e a vila de Xabier foron gañados por Sancho VII de Navarra en torno ao ano 1223. Un nobre aragonés deunos como garantía por un préstamo de 9.000 soldos que lle concedeu o monarca navarro, pero ao acabar o prazo e non poder facer fronte ao pago, pasaron á propiedade de Sancho. Este sistema foi común no reinado de Sancho VII, un dos grandes prestamistas da Coroa de Aragón, que mercede* aos préstamos non devoltos, apropiouse dunha serie de vilas e castelos entregados como aval que lle axudaron a reforzar as súas fronteiras con Aragón, como Escó, Pena, Petilla, Gallur, Trasmoz, ou Sádaba.
En 1236 o castelo foi entregado polo rei Teobaldo I a don Adán de Sada. O Cardeal Cisneros ordenou a demolición dos muros do Castelo, pero foi posteriormente restaurado en parte.
A finais do século XIX o Castelo estaba practicamente en ruínas, pero grazas á intervención da súa propietaria, Carmen Aragón Azlor e Idiáquez, duquesa de Villahermosa, e da familia Goyeneche restaurouse todo o Castelo e edificouse unha fabulosa Basílica encostada* a el.
A duquesa de Villahermosa doou o Castelo e a Basílica á Compañía de Xesús coa condición de que o mantivese tal e como se lle entregou. Na Cripta da Basílica descansan os restos de quen contribuíron á reconstrución do Castelo e erección da Basílica: a duquesa de Villahermosa, o seu marido José Manuel de Goyeneche (conde de Guaqui) e os irmáns María Josefa (duquesa de Goyeneche), Carmen (duquesa de Gamio) e José Sebastián de Goyeneche e Gamio (fundador da Fundación Goyeneche).
O Castelo de Xabier é sede dunha multitudinaria peregrinación a principios de marzo, en honra do santo patrón de Navarra, chamada popularmente Xabierada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ "XABIER - PERTSONA-IZENAK - EODA". Consultado o 11 de outubro de 2024.
