O castelo de Viljandi (en estoniano:Viljandi ordulinnus, en alemán:Ordensburg Fellin) é un castelo do século XIII que se atopa en Viljandi, Estonia. Foi construído pola Orde Livonia e a súa construción comezou en 1224[1] no lugar dun antigo castro, que era unha das fortalezas máis fortes de Livonia. Finalmente destruído nas guerras polaco-suecas a principios do século XVII, as súas ruínas aínda se manteñen preto do centro da cidade.