Castelo de Swords

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Swords
national monument of Ireland
ProvinciaCondado de Fingal Irlanda Irlanda
Coordenadas53°27′37″N 6°13′12″O / 53.4603, -6.21999Coordenadas: 53°27′37″N 6°13′12″O / 53.4603, -6.21999
Estilo arquitectónico
Estilo orixinals. XIII
editar datos en Wikidata ]

O Castelo de Swords (Swords Castle en inglés) é un castelo situado en Swords, xusto ao norte de Dublín, no condado de Fingal, Irlanda. Foi construído como unha residencia señorial do arcebispo de Dublín ao redor do ano 1200 ou algo máis tarde.

Nunca foi un castelo importante no sentido militar, pero cubría unha extensa área amurallada pentagonal duns 6.000 m² cunha torre no norte, probablemente a residencia do condestable, e unha impresionante porta de entrada no sur. O celador podería ocupar o cuerto á esquerda da porta, meintras que á dereita se atopaba a habitación do porteiro coa habitación do sacerdote arriba. A capela adxunta, construída a finais do século XIII, probablemente foi usada como o oratorio probado do arcebispo.

Outros edificios, documentados nunha investigación en 1326 e que xa non existen, incluían o gran vestíbulo no lado leste do claustro. O arcebispo abandonou Swords cando en 1324 construíuse un novo palacio en Tallaght -un traslado que sen dúbida se viu reforzado polos continuos danos sufridos polo edificio durante a campaña de Roberto I de Escocia en Irlanda en 1317. As amenas graduadas suxiren algún tipo de ocupación durante o século XV, pero en 1583, cando foi ocupado brevemente por protestantes neerlandeses foi descrito como "o vello castelo totalmente espoliado". No século XIX foi usado como xardín e vendido cando a Igrexa de Irlanda foi separada do estado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]