Castelo de Sarracín
Castelo de Sarracín | |
---|---|
ben de interese cultural, elemento da Lista Vermella do Patrimonio e parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |
Concello | Veiga de Valcarce |
Provincia | León |
Comunidade autónoma | Castela e León |
Coordenadas | 42°39′42″N 6°57′13″O / 42.661657, -6.953659Coordenadas: 42°39′42″N 6°57′13″O / 42.661657, -6.953659 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (século X-XIV) |
Estilo actual | Ruínas en restauración |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Sarracín ("Castrum Sarracenicum") é unha fortaleza situada sobre un picacho na faldra do monte da Vilela (Villaus), no concello da Veiga de Valcarce (provincia de León). Foi declarada Ben de Interese Cultural o 22 de abril de 1949.
Historia[editar | editar a fonte]
Existen varias teorías sobre a construción do castelo. Probablemente fose construído durante o Reinado de Ordoño I, polo seu fillo, o Conde Gatón, dándolle o nome do seu fillo Sarracino Gatónez, Señor de Sarracín, Conde do Bierzo e de Astorga,[1] cara ao ano 850. Outra teoría é que fose edificado polo propio Sarracino, o que situaría a súa edificación no intervalo 852-885.
O castelo inicial, ao parecer, foi arrasado polo gobernador do Califato Omeia, Musa no ano 714. A súa reconstrución debeuse de iniciar a finais do século IX., tras a reconquista.
O monte da Vilela aparece mencionado no Codex Calixtinus:
Vilafranca, á entrada da Veiga do Valcarce, Castro Sarracín; despois Villaus, o porto do monte Cebreiro.Fragmento do Codex Calixtinus
O castelo está a ser restaurado pola Xunta de Castela e León[2][3].
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Castillos de España (volumen II). VV.AA., 1997. ISBN 84-402-0244-X (Pxs. 1.022-1.023).