Torre da Forxa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Castelo de Porqueira»)
Torre da Forxa
ben de interese cultural
ConcelloPorqueira
ProvinciaOurense
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°00′49″N 7°50′57″O / 42.013479, -7.84919Coordenadas: 42°00′49″N 7°50′57″O / 42.013479, -7.84919
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século XII)
Estilo actualrománico
Estado actualBo estado e visitable
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

A Torre da Forxa, tamén coñecida como Torre de Porqueira son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García de Galicia.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

No ano 1157 pasou a formar parte do patrimonio do bispado de Ourense pola cesión feita polo rei Afonso VII, confirmada por Afonso IX, que en maio de 1204, en Troncoso, vendeu ó bispo Afonso por dous mil cincocentos soldos canto tiña e lle correspondía en Porqueira.

Na primavera do ano 1387 o castelo foi ocupado por pouco tempo polo Duque de Lancaster con motivo da guerra pola sucesión da coroa entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Na segunda metade do século XV, cando xa pertencía á casa de Monterrei, sufriu o ataque dos Irmandiños que non chegaron a destruíla.

Despois da creación en 1837 do concello de Porqueira pasou a ser a casa consistorial, e posteriormente pasou a mans particulares.

Descrición[editar | editar a fonte]

O castelo sitúase no val, lugar elixido para unha maior eficacia no control da fronteira co veciño Portugal. Da antiga fortaleza só queda en pé esta torre, de austera e robusta construción en perpiaños de granito dispostos en fiadas regulares.

Accédese ao seu interior a través dunha porta a maior altura do chan á que se chega por medio dunha escalinata de vinte tramos.

Non presenta case aberturas: a porta románica, as ventás seteiras que defenden a entrada na súa vertical e unhas pequenas ventás, hoxe en día cubertas con cristais.

Modillóns simples sosteñen o seu matacán saínte. Non se conservan as ameas.

Atópase protexido baixo a declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949 sobre o Patrimonio histórico español.

Na actualidade acolle un centro de interpretación da Vía Nova XVIII do Itinerario de Antonino ao seu paso pola Limia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Teto de Dios (03-03-2016). "Torre da Forxa". Galicia Máxica (en castelán). Consultado o 15-9-2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]