Castelo de Liechtenstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Liechtenstein

O castelo de Liechtenstein (Burg Liechtenstein) é un castelo situado na Baixa Austria, preto de Maria Enzersdorf, ao sur de Viena, Austria.

Historia[editar | editar a fonte]

Construído no século XII, foi destruído dúas veces polos otománs, en 1529 e 1683, e permaneceu en ruínas ata 1884, ano no que se reconstruíu.
O castelo de Liechtenstein (pedra brillante) deu nome á familia propietaria, que máis tarde (1719) fundaría o principado de Liechtenstein.