Saltar ao contido

Castelao (Biografía de un ilustre gallego)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Castelao
 Título
Castelao Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Actores
Temática
 Tema principal
Datas
 Data de publicación
1980 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración90 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0301085 Filmaffinity: 917883 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Castelao (Biografía de un ilustre gallego) é un filme documental arxentino dirixido por Jorge Prelorán e estreado en 1980. Con guión de Antonio Pérez Prado, está centrado na figura do intelectual galego Castelao.

Produción e sinopse

[editar | editar a fonte]

A idea do documental partiu do emigrante galego Valentín Fernández, membro do Centro Gallego de Buenos Aires, que pretendía rodar un filme sobre a vida do intelectual, político, escritor, pintor, médico, debuxante e pai do nacionalismo galego Castelao.[1]

Antonio Pérez Prado recomendou ao cineasta Jorge Prelorán como director, a pesar de que este non tiña ningunha relación con Galicia, e o propio Pérez Prado comezou a escribir o guión en colaboración co director na primeira metade da década de 1970. Decidiron que a historia fose contada polo propio Castelao, polo que Pérez Prado construíu o documental con frases tiradas de libros, discursos, artigos, cartas particulares e diarios íntimos que traduciu do galego.[1]

Visualmente utilizáronse para o filme centos de debuxos, materiais de libros, documentos cedidos pola comunidade galega, noticiarios e unha antiga filmación que mostra a Castelao en Buenos Aires nos últimos dez anos da súa vida, así como imaxes tomadas en Galicia por Manuel Ferrol. Para a voz en off elixiron o actor arxentino Luis Medina Castro e da voz de Castelao encargouse Alfredo Baltar.

Con todo, o golpe de Estado de 1976 e a posterior ditadura militar dificultaron o traballo e finalmente Jorge Prelorán acabou exiliándose nos Estados Unidos.[1] As cintas ficaron agochadas baixo terra e cando a represión afrouxou, unha cuñada de Prelorán conseguiu levalas ata os Estados Unidos.[1] Finalmente, o filme presentouse no Centro Gallego de Buenos Aires en 1980. Alí viuno o senador e presidente da Real Academia Galega Domingo García-Sabell, ao que non lle gustaron as críticas do filme a Afonso XIII, e pediu que se eliminasen, o que motivou a ruptura da súa amizade con Antonio Pérez Prado.[1]

O galeguista Isaac Díaz Pardo mercoulle ao Centro Gallego a cinta íntegra, que emitiu a Televisión de Galicia en 1984, coincidindo co traslado dos restos de Castelao a Compostela.[2] Pola contra, en 1992 a TVG emitiu a versión censurada polo Centro Gallego.[2]

Documental de Antón Reixa

[editar | editar a fonte]

En 2007 estreouse o documental Filmando a Castelao, dirixido por Antón Reixa. Neste traballo repásase o proceso de produción do documental arxentino, relatado polos propios Jorge Prelorán e Antonio Pérez Prado.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Antón Reixa (1980). Filmando a Castelao (CRTVG). Consultado o 14 de novembro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 Iglesias, Óscar (11 de setembro de 2009). "Antonio Pérez Prado, o home que si foi amigo de Castelao". El País (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Taquini, Graciela (1994). Jorge Prelorán. Buenos Aires. Centro Editor de América Latina. pp. 26/7. ISBN 950-25-3169-8. 
  • Manrupe, Raúl; Portela, María Alejandra (2001). Un diccionario de films argentinos (1930-1995). Buenos Aires: Editorial Corregidor. p. 102. ISBN 950-05-0896-6. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]