Casetón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cúpula do Panteón de Roma decorado con cinco filas de casetóns.
Casetóns no teito da Catedral de Pisa.

Casetón ou artesón (do latín capsa, caixón) é un termo arquitectónico que designa cada un dos adornos ocos xeométricos (como cadrados, rectángulos ou octógonos) que se dispón en forma regular (parecido a un taboleiro de xadrez) nun teito ou no interior dunha bóveda.

É unha técnica xa utilizada na antigüidade clásica. Un exemplo típico dáse no Panteón de Roma ou na Basílica de Maxencio. Posteriormente púxose de novo de moda, principalmente, durante o Renacemento e o Barroco e máis tarde no Neoclasicismo.

Observando un teito ou unha cúpula que contén artesóns, a miúdo dá a impresión que está atravesado por vigas ou molduras que se entrecruzan nas esquinas.

Esta estrutura non só está xustificada por razóns estéticas, senón que os casetóns poden utilizarse ademais para reducir o peso dunha cúpula, como no caso do Panteón de Roma.[1] Os casetóns adoitan estar decorados con típicos rosetóns e ata pintados como trompe-l'œil.

Na construción moderna chámaselles casetóns ás pezas, de forma cúbica ou prismática rectangular, que serven a xeito de encofrado ou cimbra para dar forma ás laxas reticulares, ou forxados bidireccionais.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bill Risebero, Historia dibujada de la Arquitectura, páginas 12-14, Celeste Ediciones, Madrid, 1991, ISBN 84-87553-16-8

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casetón