Casal Faller
Aparencia
(Redirección desde «Casal falleiro»)
Un Casal Faller (en galego casal falleiro) é o lugar onde se reúnen regularmente os membros dunha comisión falleira para celebrar as súas actividades falleiras: ceas, obras de teatro, xuntanzas, saída á ofrenda etc. Normalmente adoita ser o baixo dalgunha casa ou edificio e adoita estar preto onde se planta a falla. Normalmente dispón dun bar privado ou algo semellante para os falleiros.
Durante as festas, xeralmente móntase na rúa unha carpa que pode estar entaboada, xa que as actividades na rúa xuntan moitísima máis xente na rúa que a que participa regularmente durante o resto do ano no casal.