Saltar ao contido

Casa museo de Uxío Novoneyra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa museo de Uxío Novoneyra

A Casa Museo de Uxío Novoneyra é unha casa museo da aldea de Parada no concello de Folgoso do Courel, chamada polos veciños A Casa do Crego ou Casa da Fonte[1]. Ten planta baixa e un andar. Arredor hai un patio con varias construcións anexas (bodega, cortes, fraguapalleira), a horta e soutos.

Foi construída polo bisavó de Uxío Novoneyra. Nela naceu e viviu parte da súa vida o poeta. A vivenda está catalogada como patrimonio no Plan Xeral de Ordenación Urbana. Foi rehabilitada a comezos do século XXI. Ademais de museo, arquivo e exposicións, nela ten a sede a Fundación Uxío Novoneyra.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Casa museo Uxío Novoneyra.". Fundación Uxío Novoneyra. Consultado o 11/08/2025.