Casa de la Ciutat de Barcelona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°22′56″N 2°10′39″L / 41.38222, -2.17750

Casa de la Ciutat, sede do concello da cidade de Barcelona.

A Casa de la Ciutat de Barcelona é o edificio e sede do Concello de Barcelona. Atópase no centro histórico da cidade, na plaça de Sant Jaume, diante do Palau de la Generalitat de Catalunya. A súa construción tivo lugar durante varios séculos. A súa fachada principal, situada na plaça de Sant Jaume, data do ano 1847. Porén, a súa orixe é do ano 1369, intre no que se comezou a construír o Saló de Cent, alicerce da historia do concello da cidade de Barcelona.

O edificio é un pazo. A súa fachada principal é de estilo neoclásico e foi deseñada por Josep Mas i Vila, e a fachada que dá á rúa Ciutat é de estilo gótico, creada per Arnau Bargués. O patio interior, tamén de estilo gótic mais con trazos renacentistas, data do ano 1391, e nel atópanse esculturas de autores como Josep Llimona, Joan Miró ou Josep Clarà. Outras estancias destacables son o Saló de Cent, o Saló de Cròniques, o Saló de la Reina Regent e a Capella del Bon Consell.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografia[editar | editar a fonte]