Casa de Saxonia Coburgo Gota

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brasão de armas da Casa de Saxe-Coburgo-Gota.

A Casa de Saxonia Coburgo Gota foi unha das diferentes casas reais europeas, sendo unha rama da saxona Dinastía Wettin. Reinou en Bélxica por medio dos descendentes de Leopoldo I de Bélxica e no Reino Unido por medio dos descendentes de Alberte de Saxe-Coburgo-Gota; Xurxo V do Reino Unido cambiou o nome de Saxe-Coburgo-Gota para Windsor en 1917, temendo a onda de germanofobia causada pola Grande Guerra.

Outros membros desta Casa tornáronse rexentes noutros países europeos. Fernando, primo de Leopoldo de Bélxica, casou con María II de Portugal, e os seus descendentes continuaron a reinar en Portugal ata o golpe republicano de 1910.

Outro herdeiro da familia, Fernando I de Bulgaria, converteuse en príncipe e tsar daquel país, e os seus descendentes continuaron a reinar ata 1946. O actual xefe da Casa búlgara, o antigo rei Simeón II da Bulgaria, atende polo nome Simeón Sakskoburggotski, e en 24 de xullo de 2001 converteuse en primeiro ministro de Bulgaria. Foi a primeira vez na historia de Europa que un antigo monarca regresou ao poder vía elección democrática.