Cartagena, Chile
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Chile | ||||
Rexión | Rexión de Valparaíso | ||||
Provincia | Provincia de San Antonio | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.738 (2017) (92,47 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 245,9 km² | ||||
Altitude | 140 m | ||||
Páxina web | municipalidadcartagena.cl |
Cartagena é unha comuna chilena localizada no litoral central de Chile, na provincia de San Antonio.
Historia
[editar | editar a fonte]No século XVII, as zonas do lugar eran grandes produtoras de trigo, que era embarcado ao Perú e España a través do porto de Cartagena. Debido a esta economía unha crecente burguesía crioula, que recibe terras por encomenda e herdanzas, irá establecendo facendas ao longo do val do Río Maipo, a zona de Melipilla e, cara ao sur, San Fernando e Curicó.
Trala independencia, na segunda década do século XIX, a cultura europeizante da clase ilustrada, poténciase coa integración na sociedade chilena de ingleses, franceses, alemáns, imprimindo o selo europeo na característica arquitectura que identifica aos balnearios chilenos. En 1850 Cartagena perfílase como o balneario de Santiago, e a xente comezou a comprar casas de veraneo. O tren chegaba até Leyda, e dende alí facían o camiño con bois.
Entre 1890 e 1930 a cidade vive a súa época de gloria. O fortalecemento da economía trala guerra do Pacífico induce un rápido crecemento de todos os balnearios situados na zona central, en tanto que Valparaíso se consolida como porto e centro comercial. A Revolución do '91, trala morte de José Manuel Balmaceda, define o perfil social que adquire Cartagena, identificándose coa intelectualidade liberal e laica, en contraste co conservadorismo católico.
Cartagena foi designada como comuna o 10 de agosto de 1901, baixo o Decreto Supremo Nº 1955 firmado polo momento Presidente de Chile, Federico Errázuriz Echaurren, séndolle asignado o territorio da sexta subdelegación da comuna de San Antonio. Antes, Cartagena era unha dependencia da comuna de San Antonio, que era parte do departamento de Melipilla. O 3 de maio de 1903 realizouse a primeira sesión do concello, onde foi escolleito Pedro Antonio Moyano como alcalde, sendo o primeiro edil da comuna.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo os datos recolleitos no 2002 no Censo do Instituto Nacional de Estatísticas, a comuna posúe unha superficie de 246 km² e unha poboación de 16.875 habitantes.
Cartagena acolle ao 1,10% da poboación total da rexión. Un 9,32% corresponde a poboación rural e un 90,68% a poboación urbana.
Administración
[editar | editar a fonte]Cartagena pertence ao Distrito Electoral Nº 15 e á 6ª Circunscrición Senatorial (Quinta Costa).