Carson McCullers
(1959) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de febreiro de 1917 Columbus |
| Morte | 29 de setembro de 1967 Nyack |
| Causa da morte | cancro de mama |
| Lugar de sepultura | Oak Hill Cemetery (en) |
| Educación | Universidade Columbia Universidade de Nova York Columbus High School (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Poesía, conto e novela |
| Ocupación | poetisa, escritora, guionista, dramaturga, novelista, prosista |
| Período de actividade | 1936 |
| Membro de | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Arquivos en | |
| Familia | |
| Nai | Marguerite Waters Smith |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | American Women Writers Metzler Autorinnen Lexikon (1 ed.), (p.347–348) >>>:McCullers, Carson American Women Writers, 1900-1945 : A Bio-Bibliographical Critical Sourcebook (en) |
| Sitio web | carson-mccullers.com |
Lula Carson Smith, coñecida como Carson McCullers, nada Columbus (Xeorxia) o 19 de febreiro de 1917 e finada en Nyack (Nova York) o 29 de setembro de 1967, foi unha escritora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia de clase media, recibiu educación musical durante a súa infancia. Marchou a Nova York, dedicándose a traballar polo día e estudar polas noites escritura creativa na Universidade de Columbia.
En 1935 trasladouse a Carolina do Norte, onde casou en 1937 con Reeves McCullers e publicou a súa primeira novela, The Heart is a Lonely Hunter en 1940. En 1940 separouse do seu home e marchou a Nova York para vivir con George Davis, o editor de Harper's Bazaar. Volveu casar con Reeves en 1945 e deixouno de novo en 1953, tras o que el se suicida nun cuarto dun hotel en París.
Obras
[editar | editar a fonte]- The Heart is a Lonely Hunter (1940)
- Reflections in a Golden Eye (1941)
- A voda (The Member of the Wedding, 1946); traducida ao galego por Laura Sáez
- A balada do café triste (The Ballad of the Sad Café, 1951); traducida ao galego por Salomé Rodríguez Vázquez
- Clock Without Hands (1961)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Josyane Savigneau: Carson McCullers ISBN 84-7765-131-0 (en castelán).
- Constante González Groba: "Desexo, violencia e destrucción en Reflections in a golden eye de Carson Mccullers", en Boletín Galego de Literatura nº 10 (novembro de 1993).