Carson, California

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 33°50′23″N 118°15′35″O / 33.83972, -118.25972

Carson, California
Carson California.jpg
Localización
Carson en Estados Unidos
Carson
Carson
Carson en California
Carson
Carson
PaísFlag of the United States.svg Estados Unidos de América
EstadoFlag of California.svg California
Xeografía
Altitude60 msnm
Superficie49,12 km²
Demografía
Poboación91 714 hab.
Densidade1 900 hab./km²
Outros datos
Código postal90745, 90746, 90747, 90749, 90810, 90895
AlcaldeAlbert Robles
Páxina oficial

Carson é unha cidade do estado de California, pertencente ao condado dos Ánxeles. Fundada en 1968, sitúase a 21 km da cidade dos Ánxeles. Ten 91.714 habitantes, dos cales o 25,69 % é de raza branca, 25,41 % afroamericanos, 22,27 % de asiáticos, 2,99 % procedentes do Pacífico, 0,56 % nativos americanos, 17,98 % doutras razas e 5,09 % de máis de dúas razas.

Nesta cidade encóntrase o Dignity Health Sports Park no que xoga os seus partidos coma local Los Angeles Galaxy e Los Angeles Chargers.

Historia[editar | editar a fonte]

Uns 6 mil anos antes da chegada do home branco a California, onde ágora hai unha zona industrial na cidade de Carson, situabase Suangna, unha aldea de Tongva (nativos americans) [1]. Cando os primeiros exploradores europeos chegaron ó sur de California, o gobernador de California regaloulle a un soldado español, chamado Juan José Domínguez, un terreo de máis de 30.000 hectáreas que chamou Rancho San Pedro. O terreo abrangaba dende o río Los Angeles ata o océano pacífico, neste terreo atópase Carson. Neste rancho adicábanse ó gando e a venda das súas peles ata que en 1860, por mor dunha seca, destruíronse os pastos [2]. Unha descendente deste soldado casou con George Carson e trasladáronse a vivir ó rancho. A cidade de Carson é nomeada así en honor o seu fillo, John Manuel Carson, unha figura clave no desenvolvemento do sur de California no século 20, e o xefe do Dominguez Water Corporation [3].

Case 200 anos despois da fundación do rancho, o 6 de febreiro de 1968, os cidadáns do oeste do río Los Angeles votaron que a súa comunidade fora unha cidade independente. Ós electores foron ofrecidas dúas opcións para o nome da cidade: Carson e Dominguez, os dous principais nomes da familia na historia do Rancho San Pedro. Sería a oitava cidade no condado dos Ánxeles. Tamén foi elixido o primeiro alcalde de Carson, John Marbut [4].

Durante os Xogos Olímpicos de Los Angeles 84 construíuse un velódromo para as probas de ciclismo en Carson [5]. Debido a súa incorporación tardía como cidade respecto as cidades veciñas, os terreos de Carson estaban cheos de industria pesada, de tratamento de lixo etc. Pero debido a unhas leis estritas de construción e deseño de xardíns, e un traballo de atraer novos proxectos comerciais de éxito para a cidade a maior parte da industria pesada foi substituída. Os novos parques industriais en Carson, como o Centro Industrial Watson, son modelos de limpeza. No final de século contruíronse importantes estruturas coma bibliotecas, centro comerciais, parques, centros deportivos e a ampliación da universidade [6].

Notas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.