Caroline Wozniacki, nada o 11 de xullo de 1990 en Odense, é unha tenistadanesa. Wozniacki é unha antiga número un da clasificación da WTA. Sendo a última vez o 23 de xaneiro de 2012, ocupou a primeira posición durante 67 semanas.[1] Gañou o seu primeiro Grand Slam no Aberto de Australia de 2018 e recuperou a primeira posición do ránking WTA o 29 de xaneiro de 2018.
Dende o seu debut en 2005, mellorou ano a ano a súa posición na clasificación, ata chegar ó máis alto nos anos 2010 e 2011. Gañou 28 títulos individuais da WTA, incluíndo seis en 2010 e en 2011, o máximo conseguido nun ano por unha tenista da WTA de 2008 a 2011. Foi finalista do US Open en 2009 e no WTA Tour Championships de 2010 en Doha, onde perdeu contra Kim Clijsters. Ten ademais dous títulos de dobres da WTA.