Saltar ao contido

Carolina Yuste

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarolina Yuste

(2025) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carolina Ortega Yuste Editar o valor en Wikidata
30 de xullo de 1991 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Badaxoz Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, directora de cine Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm3660766 Twitter: CarolinaYuste_O Instagram: carolina_yuste BNE: XX6360002 Editar o valor en Wikidata

Carolina Ortega Yuste, nada en Badaxoz o 30 de xullo de 1991, é unha actriz española, gañadora do premio Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo en Carmen y Lola (2018).[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carolina Ortega Yuste naceu en Badaxoz. Tras formarse en Madrid na Real Escuela Superior de Arte Dramático e no centro de investigación teatral La Manada, comezou a traballar no teatro con Las brujas (2012).[2]

Iniciou a súa experencia no cinema en 2016 participando na longametraxe Historias románticas (un poco) cabronas, de Alejandro González Ygoa, unha "anti-comedia romántica" de cinema independente realizada con 11 técnicos e 32 actores e actrices novas e sen apenas orzamento.[3] Continuou coa curtametraxe Libélulas (2017) de Alba Pino.[4] Ese mesmo ano chegou tamén o seu primeiro traballo na televisión co papel de Dorita en La sonata del silencio.[5]

En 2018 participou na rodaxe de Carmen y Lola dirixida por Arantxa Echevarría que a situou na primeira liña da interpretación no cinema coa personaxe de Paqui. En febreiro de 2019 recibiu o Goya á mellor actriz secundaria polo seu traballo no filme. Ao recibir o galardón salientou "o valor dun proxecto cinematográfico en que o 70 por cento son mulleres en postos de decisión".[6] Ademais, tivo un papel secundario no filme Quién te cantará, dirixido por Carlos Vermut.[7] Un ano máis tarde formou parte do elenco da serie Brigada Costa del Sol protagonizada por Hugo Silva, Álvaro Cervantes, Miki Esparbé e Jesús Castro[8][9] mentres continuou coa xira coa obra teatral Hablar por hablar baixo a dirección de Fernando Sánchez Cabezudo.[2]

En 2019 continuou a súa carreira no teatro con Suaves que coprotagonizou con Esther Ortega.[10] En 2020 protagonizou a longametraxe de acción de Daniel Calparsoro Hasta el cielo, xunto a Miguel Herrán e Asia Ortega.[11]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Ref.
2016Historias románticas (un poco) cabronasAna
2018Quién te cantaráAna
Carmen y LolaPaqui[12]
2020Hasta el cieloEstrella[13]
2021El coverMargarita, imitadora de Amy Winehouse[14]
ChavalasDesi[15]
Sevillanas de BrooklynAna[16]
La familia perfectaSara[17]
2022Girasoles silvestresMaite[18]
2023ChinasAmaya[19]
Saben aquellConchita[20]
2024
La infiltradaAranzazu Berradre Marín
  • Toda mi violencia es tuya (novela, 2025).[22]
  1. "Goya 2019: Carolina Yuste logra el premio como mejor actriz de reparto por ‘Carmen y Lola’". La Vanguardia (en castelán). 2 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  2. 1 2 "Carolina Yuste: «Hacer 'Carmen y Lola' ya ha sido un premio»". El Periódico Extremadura (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  3. "Cómo hacer un largometraje con 500 euros". www.publico.es. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  4. "Primer artículo del actor Pedro Rubio en el blog sobre el cortometraje Libélulas". hombre de palo (en castelán). 5 de abril de 2017. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  5. "La sonata del silencio". Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  6. "La extremeña Carolina Yuste, Mejor Actriz de Reparto en los Premios Goya 2019 por su papel en 'Carmen y Lola'". 20minutos.es (en castelán). 2 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  7. "Reparto de 'Quién te cantará'" (en castelán). Sensacine. Consultado o 9 de setembro de 2021.
  8. "Brigada Costa del Sol". Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  9. "La Brigada de Telecinco y Netflix descubre sus primeras imágenes y el reparto al completo". vertele (en castelán). 21 de xuño de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  10. "Suaves". Teatro Kamikaze (en castelán). Consultado o 4 de febreiro de 2019.
  11. "Rodaje de 'Hasta el cielo', la nueva película de Daniel Calparsoro participada por RTVE".
  12. Panadero, Jaime (20 de agosto de 2020). "Carolina Yuste hace historia en los Goya". Hoy (en castelán).
  13. Fernández, Noemí (20 de decembro de 2020). "Acción y romanticismo en 'Hasta el cielo', la nueva película de Miguel Herrán y Luis Tosar". ¡Hola!.
  14. "Carolina Yuste: cuando Amy Winehouse se reencontró en Benidorm al ritmo de 'Que me busquen por dentro'". Los 40. 5 de xuño de 2021.
  15. Iglesias, Eulàlia (3 de setembro de 2021). "'Chavalas': el lado oscuro y repelente de la Barcelona guay". El Confidencial.
  16. "Carolina Yuste, la actriz que ama bailar y brilla en la comedia 'Sevillanas de Brooklyn'". El Mundo. 16 de setembro de 2021.
  17. Anyolini, Aída S. (30 October 2020). "'La familia perfecta': Todo lo que sabemos sobre la nueva comedia con Belén Rueda y José Coronado". Sensacine (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2021.
  18. Rozas, Rubén (9 de outubro de 2022). "Oriol Pla: "Hay que enseñar a los hombres a mostrar sus emociones porque no es ninguna señal de debilidad"". El Plural.
  19. Belinchón, Gregorio (26 de setembro de 2023). "‘Chinas’, la aproximación de Arantxa Echevarría a la inmigración que nunca sale en el cine". El País.
  20. "Saben aquell". academiadecine.com. 4 de maio de 2023.
  21. Úbeda-Portugués, Alberto (7 de outubro de 2024). "Los estrenos del 11 de octubre. 'La infiltrada'. Lucha solitaria". Aisge.
  22. Nerea Fernández Gómez (7 de xuño de 2025). "Crítica de Toda mi violencia es tuya, de Carolina Yuste. Un retrato feroz de una generación silenciada" (en castelán).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]