Carol Henning

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarol Henning Brown
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Salinas (California)
Morte8 de febreiro de 1983 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Monterey, California
Familia
CónxuxeJohn Steinbeck (1930–1943) Editar o valor em Wikidata

Carol Henning Brown, nada en Salinas (California) o 27 de febreiro de 1902 e finada en Monterey o 8 de febreiro de 1983, foi unha marxista radical[Cómpre referencia].

Vida[editar | editar a fonte]

Estivo casada con John Steinbeck entre 1930 e 1942, co que visitou a Unión Soviética en 1937.

En palabras de Janice Albert "Carol Henning era unha muller brillante e independente disposta a tipografar e asemade criticar concienciudamente a obra de Steinbeck. Era máis sociable có seu marido, que foi timido ata o final da súa vida. E de maneira máis importante, tiña consciencia social; lía os xornais e sabía de que maneira o colapso económico da nación afectaba a xente corrente". Parini, o biógrafo de Steinbeck, comenta, "O sentido de atropelo que lle dá a obras como De ratos e homes e The Grapes of Wrath a súa calada dignidade e forza moral é en parte un testemuño do impacto de Carol". Aínda que, evidentemente, a semente da influencia de Carol fora botada pola nai de Steinbeck, Olive Hamilton Steinbeck, quen tamén posuía unha "moral intransixente" coas inxustizas sociais.
Carol Henning viviu en Carmel Valley.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]