Carneiro (constelación)
| Carneiro | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Epónimo
| |||||||
|
Parte de
| |||||||
| Características físicas | |||||||
| Superficie | 441 °² | ||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||
Aries ou Carneiro[1] (símbolo
, Unicode ♈) é unha das constelacións do zodíaco; atópase entre as constelacións de Pisces, ó oeste, e Taurus ó leste.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Arietis (Hamal ou Hamel), a estrela máis brillante da constelación con magnitude 2,01, unha xigante alaranxada rodeada dun fermoso grupo de estrelas.
- β Arietis (Sheratan), a segunda máis brillante con magnitude 2,64, binaria espectroscópica de cor branca.
- γ Arietis (Mesarthim), de magnitude 3,88 é unha estrela binaria onde as súas dúas compoñentes brancas están separadas 8 segundos de arco. Unha delas é unha estrela lixeiramente variable.
- δ Arietis (Botein), estrela xigante laranxa.
- ε Arietis, estrela binaria onde as súas compoñentes están separadas 1,5 segundos de arco.
- λ Arietis, binaria ampla cunha separación de 37,4 segundos de arco.
- 41 Arietis (Bharani), estrela branco-azulada de magnitude 3,61, aínda que non ten designación de Bayer é a terceira máis brillante da constelación.
- HD 20367, anana amarela cun planeta extrasolar.
- Estrela de Teegarden, anana vermella moi feble a uns 12,6 anos luz da Terra.
- TZ Arietis (Luyten 1159-16), anana vermella e estrela fulgurante tamén próxima ó sistema solar, a 14,5 anos luz.
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]Visualización gráfica
[editar | editar a fonte]As estrelas da constelación Aries poden ser conectadas dun forma alternativa, coma graficamente indica o carneiro que está correndo (ou saltando).

A cabeza do cordeiro está formada polas estrelas α Ari, λ Ari, e β Ari: sendo α Ari de segunda magnitude e beta Arietis de terceira magnitude.
O corpo do carneiro consiste nas estrelas α Ari, η Ari, ε Ari, 41 Ari, e 35 Ari: ε Ari e 41 Ari son de cuarta magnitude.
O rabo do carneiro está formado polas estrelas 35 Ari, 41 Ari, e 39 Ari.
A estrela γ Ari, de cuarta magnitude, representa as patas de adiante, e a estrela δ Ari, tamén de cuarta magnitude, representa as patas de atrás.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]
Frixo e Hele son fillos de Atamante, rei de Tesalia e de Néfele. Tras quedar viúvo, Atamante volta a casar con Ino. Anos despois o reino sofre unha etapa de fames e a raíña decide sacrificar ós irmáns para rematar con esa desgraciada época. Hermes salva ós nenos entregándolles un carneiro alado, coa lá ou vélaro de ouro, e dotado do don da fala. Os nenos parten enriba del rumbo a Asia, salvando a vida. Durante a viaxe Hele cae ó mar e afoga, dando o seu nome a esa rexión mariña, que pasará nomearse Helesponto. Frixo chega á Cólquida, onde o seu rei Eeteso adopta e concedelle en matrimonio a súa filla Calcíope.
En agradecemento a Eetes, Frixo sacrifica o carneiro e ofrécelle o vélaro ó rei, quen o consagra a Ares e cólgao dunha anciña nun bosque adicado ó deus, gardado por un descomunal dragón e rodeado por campos onde pastan enormes touros salvaxes.
Segundo algúns, Aries é unha constelación de pouco brillo porque o vélaro de ouro do carneiro ficou na Cólquida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carneiro |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Aries (en inglés)
- NightSkyInfo.com: Constellation Aries Arquivado 28 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)
- Star Tales – Aries (en inglés)