Dozal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carnaz»)

Dozal[1] é unha caste de uva tinta de sabor moi doce. As follas son lisas e esvaradías, algo borrosas polo envés e lobadas, os dentes son regulares. Os acimos son cilíndricos e estreitos. As uvas son oblongas, negras, carnosas, duras cun estilete pequeno e anel redondo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Segundo as comarcas recibe diferentes nomes: abellal, albear, cachiño, caldelas, carnaz, dozar