Saltar ao contido

Carmina Virgili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmina Virgili

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Carmina Virgili i Rodón Editar o valor en Wikidata
19 de xuño de 1927 Editar o valor en Wikidata
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Morte21 de novembro de 2014 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Barcelona Editar o valor en Wikidata
Senadora de España
3 de marzo de 1996 – 18 de xaneiro de 2000
Circunscrición electoral: Barcelona
Directora Colexio de España en París
24 de setembro de 1987 – 1 de marzo de 1996
← Joaquín Pérez Villanueva – Luis Racionero →
Q136520829 Traducir
12 de xullo de 1982 – 30 de abril de 1985 – Juan Rojo Alaminos (en) Traducir →
Profesor catedrático
28 de maio de 1963 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da Terra Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Facultad de Ciencias Geológicas (Universidad Complutense de Madrid) (en) Traducir
Universidade de Oviedo
Colexio de España en París Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxeóloga, política Editar o valor en Wikidata
EmpregadorColexio de España en París, directora (1987–1996)
Universidade Complutense de Madrid, profesor catedrático (1968–1996)
Universidade de Oviedo, profesor catedrático (1963–1968) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoAna Márquez-Aliaga (en) Traducir e Salvador Reguant Serra Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1421085 Dialnet: 311788

Carmina Virgili Rodon, nada en Barcelona o 19 de xuño de 1927 e finada o 21 de novembro de 2014,[1][2] foi unha xeóloga, científica e política española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Considerada discípula de Lluis Solé i Sabarís, é doutora en Ciencias Naturais pola Universidade de Barcelona desde 1956. Especializouse en sedimentoloxía e estratigrafía do Triásico e Permiano. Foi profesora da Facultade de Ciencias Xeolóxicas e investigadora do CSIC. En 1963 obtén a cátedra de Estratigrafía da Universidade de Oviedo -foi a primeira muller catedrática nesa universidade, e a terceira de España- e posteriormente a da Complutense de Madrid. Foi decana da Facultade de Ciencias Xeolóxicas e foi membro fundador do Grupo Español de Sedimentoloxía e do Grupo Mesozoico. Realizou unha estancia como profesora asociada na Universidade de Estrasburgo (1974), foi vicepresidenta da Société Géologique de France e membro da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona, do Consello Social do CIRIT e do Observatori de Bioètica i Dret. Foi a primeira muller en formar parte da Xunta Directiva da Sociedad Española de Mecánica de Rocas.

Foi secretaria de Estado de Universidades e Investigación no primeiro goberno presidido por Felipe González e tivo como xefe de gabinete a Alfredo Pérez Rubalcaba.[3] En 1987 foi nomeada directora do Colexio de España de París, cargo que ocupou ata 1996.[4] Nas eleccións xerais españolas de 1996 foi elixida senadora como candidata do PSC pola provincia de Barcelona .

Entre as distincións recibidas está a de oficial da Lexión de Honra (Francia). En 1995 recibiu a Creu de Sant Jordi, en 2011 a Medalla de Ouro da Universidade de Barcelona e en 2013 a Medalla de Honra da Universidade Complutense.[5]

  • El Triásico de los Catalánides. 856 páxs. Madrid (1958)
  • El fin de los mitos geológicos, Lyell. Nivola Libros y Ediciones, SL 320 páxinas. Madrid (2003) ISBN 978-84-95599-44-5
  • La Geologia : dels mites a la Ciència (2004) sobre Charles Lyell
  1. ↑ "CARMINA VIRGILI RODÓN (BARCELONA, 1927-2014)". Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2016. Consultado o 18 de abril de 2015.
  2. ↑ Fallece Carmina Virgili, la primera mujer catedrática de la Universidad de Oviedo La Nueva España. 24 de novembro de 2014.
  3. ↑ Pérez Rubalcaba, A. (24 de novembro de 2014). "Carmina Virgili, defensora de la libertad y la inteligencia". El País. Consultado o 26 de novembro de 2014.
  4. ↑ Martínez de Villarreal, J. A. (26 de novembro de 2014). "Mi adiós a Carmina Virgili". El País. Consultado o 26 de novembro de 2014.
  5. ↑ Universidad de Barcelona «La geóloga Carmina Virgili, Medalla de Honor de la Universidad Complutense de Madrid». Noticias, 22 de xaneiro de 2013 (Consultado o 12 de decembro de 2014)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Rosa María Mateos, Ana Ruiz Constán (2021). Geas: Mujeres que Estudian la Tierra. Asociación de Servicios de Geología y Minería Iberoamericanos, Federación Europea de Geólogos, 2021. ISBN: 978-84-09-30001-3

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]