Carmen del Riego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen del Riego
Carmen del Riego - conversaciones con (cropped).jpeg
Nacemento1960
 Oviedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista
Premiossen etiquetar
Firma de Carmen del Riego.svg
editar datos en Wikidata ]

Carmen del Riego de Lucas, nada en Oviedo en 1960, é unha xornalista española, especializada en información política.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada en Oviedo en 1960, licenciouse en Ciencias da Información, en Dereito e en Ciencias Políticas e da Administración.[2][3] Traballou na redacción de La Nueva España.[2]

Entrou a traballar en Europa Press o 1 de xullo de 1982, cando as mulleres redactoras non eran frecuentes na axencia, e permaneceu nesta até 1989. Posteriormente traballou sucesivamente nos xornais Diario 16 (1989-1990), El Sol (1990-1992) e La Vanguardia (dende 1992), onde exerce de cronista política.[4]

Tamén colaborou como tertuliana na Cadena SER, en Telemadrid e en Canal 9.[5]

En 2011 converteuse, ó suceder a Fernando González Urbaneja, na primeira muller en desempeñar a presidencia da Asociación da Prensa de Madrid (APM).[2][4] Foi sucedida en 2015 á fronte da APM por Victoria Prego.[6]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio «Luis Carandell» de Periodismo Parlamentario (2014)[7][8]

Notas[editar | editar a fonte]