Carmen Parga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmen Parga
Nacemento29 de abril de 1914
 A Coruña
Falecemento10 de abril de 2004
 Cidade de México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmestra
CónxuxeManuel Tagüeña
editar datos en Wikidata ]

Carmen Parga Parada, nada na Coruña o 29 de abril de 1914 e finada en Cidade de México o 10 de abril de 2004 foi unha profesora e activista republicana exiliada en México.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na Coruña e criouse nunha familia de militantes socialistas. Fixo o bacharelato en Ferrol e, con 20 anos, trasladouse a Madrid para estudar Filosofía e Letras. Tamén iniciou neses anos a su actividade política militando en agrupacións estudantís de esquerda como a FUE o BEOR (Bloque Estudiantil de Oposición Revolucionaria, dirixido polas xuventudes comunistas). O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 impediu que chegara a titularse.[2]

Casou en 1936 con Manuel Tagüeña, un físico que se converteu en tenente coronel do XV Corpo do Exército do Ebro.[a]

En febreiro de 1939 abandonaron España escapando a través dos Pireneos, e na primavera, Carmen e Manuel, que conseguiron saír do cepo francés dos campos de refuxiados republicanos, chegaron a Leningrado nun cargueiro a través do golfo de Finlandia.[2] Instaláronse en Moscova, cidade na que naceron as súas dúas fillas e quedou enterrado o seu pai. A invasión alemá durante a Segunda Guerra Mundial fixo que tivera que desprazarse á rexión de Pensa, gañándose a vida como tecedora e costureira.[1]

En 1945 trasladouse coas súas fillas a Iugoslavia, pois o seu marido foi destacado alí como "técnico militar", e tres anos despois, en 1948, mudáronse a Checoslovaquia.[2]

Finalmente, logo da morte de Stalin en 1953, trasladáronse a México. Chegaron á súa capital «tras penosos avatares», o 12 de outubro de 1955. O seu marido morreu nese país en 1971. En México Carmen traballou como profesora nos colexios "Madrid" e "Luis Vives" da capital mexicana. Tamén coordinou as actividades dos talleres artísticos do Molino de Santo Domingo, e foi presidenta da agrupación do PSOE na Cidade de México. En 1996 publicou o seu libro de memorias titulado Antes que sea tarde.[3] Morreu aos 89 anos na súa casa de Cidade de México.[b]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carmen pasou os tres anos da guerra na fronte, axudando aos comisarios e escribindo nos periódicos, pero sen ningún cargo político.
  2. A súa filla era presidenta do Ateneo Español de México ao inicio do século XXI.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Bados Ciria, Concepción (26 de abril de 2007). "Carmen Parga". Centro Virtual Cervantes (en español). Consultado o 9 de agosto de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Muñoz Molina, Antonio (22 de decembro de 2015). "Recuerdos de Carmen Parga". Babelia (Diario El País). Consultado o 9 de agosto de 2017. 
  3. Fernández Pineda, C. (25 de abril de 2004). "Necrológica (Carmen Parga, socialista exiliada)". Diario El País (en español). Consultado o 9 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Tagüeña Lacorte, Manuel (2005). Testimonio de dos guerras. Barcelona: Planeta. 
  • Parga, Carmen (2002). Antes que sea tarde. Madrid: Compañía Literaria. ISBN 9788482130439.