Saltar ao contido

Carmen P.G. Granxeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarmen P.G. Granxeiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1985 Editar o valor en Wikidata (39/40 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de León Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webcarmenpggranxeiro.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6426359

Carmen Pérez González-Granxeiro, nada en Lugo en 1985, é unha artista multidisciplinar e escritora galega.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou o bacharelato de artes en Lugo no IES Sanxillao, «Cinematografía y Artes Visuales» na Universidade de León e diplomouse no Centre d´Estudis Cinematogràfics de Catalunya, en «Realización e Guión Cinematográficos».[2] Tamén é Técnica Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos e viaxou formándose por Alemaña, os Estados Unidos e Portugal.

Ten traballos de deseño gráfico, ilustración, fotografía ou audiovisuais e obras máis persoais nas que combina tamén estas ferramentas con soportes plásticos ou a reciclaxe.[1]

Ademais de formar parte de exposicións e experiencias artísticas e sociais colectivas, participou no II Congreso Pinto e Maragota pola Diversidade, en videofórums nos centros de Ensino Secundario de Pontevedra[3] e con múltiples palestras en centros educativos sobre cine e fotografía, feminismo, diversidade sexual, desde perspectivas históricas, técnicas, estéticas...[4] Dende 2022 está vencellada ao espazo de Videocreación da USC, onde exerce de xurado e como docente.[5]

En 2015 foi candidata ao Senado con En Marea. É “activista do cotián”, desde o ecoloxismo ata a defensa dos dereitos LGTBI[6], pasando por unha postura -arredor da prostitución e do traballo sexual- que non encadra nin no abolicionismo nin no regulacionismo e que resume en "Por un abolicionismo consciente e práctico contra todo tipo de proxenetismo. Traballo sexual dende unha perspectiva libertaria.".[7]

Obra literaria

[editar | editar a fonte]

Audiovisuais

[editar | editar a fonte]
  • Palmas (2008)
  • Etiquétame (2014). Finalista do Premio Nacional Canal+ á Mellor Videocreación.
  • De cara ao Miño (2016). Documental sobre o movemento veciñal lucense arredor do río.
  • Ás 20.30 hrs (2016).
  • 1948-2016, un final para empezar (2016). Documental.
  • Atenas. Meeting Point (2017).
  • Benvidas ao club (2018). Documental froito do contacto coa Plataforma Contra a Impunidade da operación Carioca.[10]
  • Un día normal (2019).
  • Persoas S.A. (2021).
  • Nun tempo de horta (2022).
  • Alex and Munchie: contra o cisheteropatriarcado (2023)
  • Escenas dun consenso (2024). Historia sobre a Batukada Transfeminista Tamborililás.[11]
  • Festival de Málaga a Biznaga de prata, premio especial «Afirmando los derechos de las mujeres», por Benvidas ao club.
  • II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade Sexual e de Xénero, por Estranxeiras.
  • Mellor linguaxe visual, 3º Certame de Videocreación da USC de Lugo, por S.A.E.
  • Premio Araceli Herrero á mellor linguaxe comunicativa no 2º Certame de Videocreación da USC de Lugo, por Artefacto.
  • No Humus Film Festival, en La Casa Encendida de Madrid é premiada como mellor curta en categoría fantástica Ás 20.30 hrs.
  • Premio Xohana Torres 2024 pola súa longametraxe Escenas dun consenso.[12][13]
  1. 1,0 1,1 "autor/a A Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 2022-09-16. 
  2. "Carmen PG Granxeiro Acerca". Consultado o 2022-09-16. 
  3. "O II Premio Literario Pinto e Maragota pola Diversidade de Sexo e Xénero, para Carme P.G. Granxeiro". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-09-16. 
  4. Lugo, El Progreso de (2015-05-12). "Carmen Granxeiro: "Si no aprendemos a ver de un modo crítico acabamos por ser sujetos pasivos"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-09-16. 
  5. "Preparando… Paisaxe Sonora, Videocreación, Findecurta | Universidade de Santiago de Compostela". assets.usc.gal. Consultado o 2025-06-09. 
  6. López, Silvia (2019-07-17). "Carmen Granxeiro, creadora artística: «Fun ao Orgullo LGTBI de Vilalba, vin o busto de Fraga e dixen "mira ti..."»". Lugo Xornal. Consultado o 2022-09-16. 
  7. "Carmen PG Granxeiro | NIN ABOLICIONISTA NIN REGULACIONISTA". Consultado o 2022-09-21. 
  8. "Ficha do libro Editorial Xerais". xerais.gal. Consultado o 2022-09-16. 
  9. Pontevedra, Diario de (2022-01-03). "Carme P.G. Granxeiro faise co II Premio Literario Pinto e Maragota". Diario de Pontevedra. Consultado o 2022-09-16. 
  10. Lugo, El Progreso de (2018-12-04). ""Artivismo" ante la Carioca". El Progreso de Lugo. Consultado o 2022-09-16. 
  11. "Escenas dun consenso de Carmen PG Granxeiro – A Gentalha do Pichel" (en portugués). 2024-11-11. Consultado o 2025-03-27. 
  12. Diario, Nós (2025-03-26). "Carmen Pérez-González, Premio Xohana Torres: "O arquivo histórico é fulcral para construírmos a nosa historia, para que non se invisibilice"". Nós Diario. Consultado o 2025-03-27. 
  13. admin (2025-03-09). "Compostela celebra el 8M con la lectura de un manifiesto y con el fallo del Premio Xohana Torres". Cim Compostela (en castelán). Consultado o 2025-06-09.