Maru Menéndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carmen Menéndez González-Palenzuela»)
Infotaula de personaMaru Menéndez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xullo de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Senadora de España
Deputada na Asemblea de Madrid
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obreiro Español da Comunidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Carmen Menéndez González-Palenzuela, nada en Ferrol o 6 de xullo 1959, coñecida como Maru Menéndez, é unha sindicalista e política socialista española.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla dun militar, o capitán de navío Camilo Menéndez Vives, simpatizante do partido ultradereitista Fuerza Nueva e partícipe do golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. Un tío-avó seu foi Camilo Menéndez Tolosa, ministro do Exército (1964-69) nun dos Gobernos do réxime franquista.

Licenciada en psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Funcionaria do Servizo Público Estatal de Emprego do Ministerio de Traballo. Escala Superior de Organismos Autónomos. Sindicalista da Unión Xeral de Traballadores (UXT), onde dende 1983 desempeñou distintos cargos. Foi membro da Comisión Executiva Rexional de UXT-Madrid, en distintas secretarías. Responsable confederal de Servizos Sociais. Membro do Comité Confederal da Unión Xeral de Traballadores de España.

Tras ser secretaria de Política Institucional do sindicato UXT-Madrid, integrouse na candidatura do PSOE á Asemblea de Madrid nas eleccións rexionais do 27 de maio de 2007, ocupando o número 6 da lista liderada por Rafael Simancas.

Tras a dimisión de Rafael Simancas pasou a ser voceira do Grupo Parlamentario Socialista na Asemblea de Madrid.

En 2011, é nomeada senadora pola Comunidade de Madrid.

O 4 de marzo de 2012 foi elixida secretaria de organización do PSM-PSOE no 12.º Congreso rexional do partido.

Notas[editar | editar a fonte]