Carmen Jérez Rodríguez
Carmen Jérez Rodríguez | |
---|---|
Lugar de nacemento | Fervenza |
Falecemento | maio de 1947 |
Lugar de falecemento | Ponferrada |
Nacionalidade | España |
Ocupación | membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carmen Jérez Rodríguez, nada en Fervenza (Santa Mariña do Monte, O Barco de Valdeorras) e finada en Ponferrada en maio de 1947, foi unha enlace da guerrilla antifranquista galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pertencía a unha familia marcada pola represión. Era leiteira e baixaba ao Barco a vender o produto. En 1944 estivo presa en Ourense por colaborar coa guerrilla, despois do combate de Fervenza onde resultou morto o fuxido Manuel Rodríguez Rodríguez. Era compañeira de Abelardo Macías Liebre, guerrilleiro berciano da Federación de Guerrillas de León-Galicia. O 25 de xullo de 1946 foi detida pola Brigada de Servizos Especiais da Garda Civil en Fervenza e, logo de dous meses de interrogatorios no cuartel da Rúa, foi trasladada a Ponferrada. Foi violada en diferentes ocasións polos gardas e torturada. En maio de 1947 apareceu o seu cadáver en avanzado estado de xestación, froito das reiteradas violacións sufridas durante o seu cativerio, nunha gabia de Montearenas, preto de Ponferrada, nun lugar onde foran executados e sepultados moitos republicanos.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2011). Mulleres na guerrilla antifranquista galega. Brión: Laiovento. pp. 137–141. ISBN 978-84-8487-211-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Carmen Jérez Rodríguez, en Historia das nosas mulleres ourensás.
Carmen Jérez Rodríguez, enlace violada e asasinada de Fervenza (O Barco de Valdeorras)