Carmen Domínguez Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Domínguez Álvarez
Nome completoMaría del Carmen Domínguez Álvarez
Nacemento10 de setembro de 1969
Lugar de nacementoOviedo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Salamanca e Universidade de Groningen
Ocupaciónaventureiro, exploradora e matemática
editar datos en Wikidata ]

María del Carmen (Karmenka) Domínguez Álvarez, nada en Oviedo o 10 de setembro de 1969, é unha doutora en matemáticas experta en glacioloxía, aventureira e exploradora polar española, que foi cofundadora do proxecto Glackma, que desenvolveu un método único para o estudo do cambio climático.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Oviedo pero aos 5 anos trasladouse coa súa familia a Salamanca, cidade na que vive actualmente. Estudou matemáticas aplicadas na Universidade de Groninga (Holanda) e na Universidade de Salamanca, pola que se doutorou en 1998 e onde é Profesora Titular dende 2001.[1]

Apaixonada da natureza dende nena, na procura dunha aplicación práctica da matemática -que ela sempre considerou unha "caixa de ferramentas"-, acabouna atopando nunha charla de Adolfo Eraso[2] en Madrid sobre o Perito Moreno que a converteu nunha entusiasta dos glaciares.[3][4] Despois da súa primeira exploración no interior dun glaciar e despois da súa primeira inmersión na Antártida, tivo ben claro que o resto da súa vida estaría dedicada a dar a coñecer aos demais, a realidade das rexións polares.

O proxecto GLACKMA (Glaciares, Criokarst e Ambiente) púxose en marcha no ano 2001. Posteriormente no ano 2010 fundaron, co mesmo nome, unha asociación sen ánimo de lucro, para medir a descarga glaciar, é dicir, o xeo que se perde en forma de auga nos casquetes polares de ambos os hemisferios. Para iso implementaron diversas estacións de medición e recompilación de datos (tanto no Ártico como na Antártida), instaladas por eles mesmos a base de escalada, espeleoloxía avanzada e esforzos durísimos, que lles permiten coñecer a drenaxe no interior dos glaciares. Estas sondas proporcionan información actualizada e constante sobre a evolución do quecemento global.

A súa primeira expedición a Islandia tivo lugar no ano 1997 e dende entón realizou máis de 60 expedicións polares de ata tres meses de duración, pasando a noite en tendas de campaña en diversos lugares como: Antártida, Patagonia, Islandia, Svalbard e Siberia. "Karmenka" é o alcume que lle puxeron uns expedicionarios polares rusos e que ela elixiu como firma.[4]

A importancia do Proxecto GLACKMA reside en que conseguiu pór en marcha unha rede de estacións de rexistro do desxeo glaciar a partir dun método único no mundo, conseguindo medir de maneira precisa a evolución do quecemento global. Con imbatible entusiasmo, gran profesionalidade e escasos fondos públicos, o Proxecto GLACKMA desenvolveu un revolucionario sistema de medición da descarga glaciar (xeo que se derrite) nos casquetes polares de ambos hemisferios. Levan dende o 2001 xerando series temporais con intervalo horario de descarga glaciar en cada unha das estacións que teñen implementadas.[5] O que GLACKMA creou é un eficiente indicador do cambio climático. A asociación Glackma tamén se destaca pola súa faceta pedagóxica e de divulgación científica e foi declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior en 2015.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Domínguez Álvarez, María del Carmen | Universidad de Salamanca" (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  2. Navarra, Universidad Pública de. "Universidad Pública de Navarra - Campus de Excelencia Internacional" (en castelán). Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  3. "USAL TV - 5 TALENTOS - Entrevista a Carmen Domínguez, profesora de la Usal y científica. Nos descubre qué nos dicen los glaciares.". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2013. Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Internet, Unidad Editorial. "'Diario Polar': las memorias de dos científicos al límite de la aventura | Natura | elmundo.es". Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  5. Diximedia. "Científicos españoles lideran un método único para medir el deshielo glacial". lainformacion (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  6. "GLACKMA, Declarada de Utilidad Pública" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2017. Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  7. "Biblioteca Digital de Castilla y León > Diario polar : ¿qué nos dicen los glaciares sobre el..." (en i18n). Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  8. ÁLVAREZ, María del Carmen DOMÍNGUEZ; ROMERO, Adolfo ERASO (20 de mayo de 2014). Registro continuo de la descarga glaciar un indicador en tiempo presente de la evolución del calentamiento global: EN Energías y cambio climático (en castelán). Ediciones Universidad de Salamanca. Consultado o 4 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]