Carmen Delia Dipiní
Carmen Delia Dipiní | |
---|---|
Nacemento | 18 de novembro de 1927 |
Lugar de nacemento | Naguabo |
Falecemento | 4 de agosto de 1998 |
Lugar de falecemento | Bayamón |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | cantore de bolero e artista discográfico |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Carmen Delia Dipiní, nada en Naguabo o 18 de novembro de 1927 e finada o 4 de agosto de 1998, foi unha cantante portorriqueña, intérprete de boleros latinoamericanos. A súa época dourada foi con Johnny Rodríguez e coa Sonora Matancera.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a cantar en 1937, afoutada pola profesora Amparo Brenes, da Escuela Elemental Eugenio Brac de Naguabo. En 1941 debutou profesionalmente nun programa que Rafael Quiñones Vidal animaba pola emisora WNAM. Axudada pola súa amiga Ruth Fernández, trasladouse a Nova York en 1947, onde deveu cantante profesional. Iso aconteceu logo de participar no programa de afeccionados de Willy Chevalier no Teatro Triboro, onde gañou o primeiro premio e a casa de discos Verne contratouna para gravar con Johnny Albino e o Trío San Juan as cancións "El día que yo nací", "Perdida" e "Duérmete mi Junior".