Carmen Climent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarmen Climent
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1996 Editar o valor em Wikidata (28 anos)
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBilbao
Madrid Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Artes Escénicas Ánima Eskola Editar o valor em Wikidata
Altura163 cm Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosDark green (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , bailarina , cantante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
ProfesoresRichard Sahagún (pt) Traducir, Carlota Ferrer (pt) Traducir, Igor Yebra (pt) Traducir, Marina Shimanskaya, David Valdelvira, Rakel Rodríguez, Roberto Bienzobas, Alejandra Nóvoa e Sandra Tejero Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua éuscara Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaSergio Wolbers (2018–2020) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm10302273 Twitter: CarmenClActriz Instagram: carmen.climent Editar o valor em Wikidata

Carmen Climent Roca, nada en Bilbao o 13 de febreiro de 1996, é unha actriz de cinema, teatro e televisión, cantante e bailarina española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Provén dunha familia de músicos valencianos, polo que conviviu coa música desde pequena.[1] Os pais son naturais de Tavernes de la Valldigna (Valencia). Porén, trasladáronse a Bilbao polo pai, Rafael Climent, membro da banda municipal de música de Bilbao desde hai moitos anos.[2][3]

Comezou os seus estudos de teatro en talleres de diferentes escolas de Bilbao. Formouse en artes escénicas e interpretación na Escola Superior de Artes Escénicas Ánima Eskola onde estudou Arte Dramática baixo os métodos Stanislavsky, Mikhail Chekhov e Vajtangov (método ruso) con David Valdelvira e Marina Shimanskaya. Alí coincidiu coa tamén actriz Nerea Elizalde, xunto coa que estudou. En 2014 representou a obra O soño dunha noite de verán de William Shakespeare, dirixida por David Valdelvira, galardoada co Premio Buero de Teatro.[4]

Tamén estudou clases de cinema con Richard Sahagún. En 2015 entrou a formar parte da compañía de teatro hACERÍA de Bilbao, coa que representou máis de 30 funcións das obras: Verano de Cristal e La tristeza del caracol. En 2019 protagonizou a montaxe do Teatro Pavón Kamikaze La leyenda del tiempo, a partir de Así que pasen 5 años de Federico García Lorca, baixo a dirección de Carlota Ferrer e Darío Facal. Coa compañía formou parte tamén de diferentes musicais, como Luna, sobre ruedas.[5]

Tamén se formou en canto musical e lírico e en danza clásica, con Igor Yebra, contemporánea, jazz e claqué.[6][7] Como bailarina participou na compañía de baile de Rakel Rodríguez.

En decembro de 2018 incorporouse ao elenco da serie Cuéntame cómo pasó de La 1, na que interpreta a María Alcántara, tras a saída de Paula Gallego. A3 incorpóraa como protagonista para a súa canle web Flooxer na serie Terror.app. A EITB aborda na serie en éuscaro Alardea un tema controvertido: a tradición contra o progreso na celebración do Alarde en Hondarribia. As protagonistas son Itziar Ituño e Carmen Climent como nai e filla respectivamente.[8][9][10]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Ano Serie Canle Personaxe Notas
2019 Terror.app[11] Flooxer Clara 6 episodios
2019 - presente Cuéntame cómo pasó La 1 María Alcántara 42 episodios*
2020 Alardea ETB 1 Jone 4 episodios

Curtametraxes

Ano Película Canle Personaxe
2019 Regina Carmen

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 2021, Madrid 24h, Dir. Marc Flynn e Dídac Flores
  • 2019, La leyenda del tiempo, Dir. Carlota Ferrer e Darío Facal
  • 2018, Luna, sobre ruedas, Dir. Antonio Martín Regueira
  • 2015, La tristeza del Caracol, Dir. Richard Sahagún (hACERÍA)
  • 2015, Verano de Cristal, Dir. Richard Sahagún (hACERÍA)
  • 2015, Monólogos de Chejov y poesía de Bécquer, Dir. Marina Shimanskaya
  • 2014, Sueño de una noche de verano, Dir. David Valdelvira​[4]
  • 2013, La tempestad, Dir. David Valdelvira

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Así es Carmen Climent, la nueva María Alcántara de 'Cuéntame'" (en castelán). 5 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  2. "Raíces valencianas en 'Cuéntame': Carmen Climent será María, la hija pequeña de los Alcántara" (en castelán). 12 de decembro de 2018. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  3. "Bilbao Musika". Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 15 de decembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Premio “Buero” de Teatro (2015)." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de febreiro de 2022. Consultado o 20 de febreiro de 2022. 
  5. Redacción. "VIDEO | Así es Carmen Climent, la nueva María Alcántara de 'Cuéntame'" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  6. "lourdesnaranjo | Carmen Climent" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  7. "Carmen Climent: noticias, fotos y vídeos" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  8. "Así es Carmen Climent, la nueva protagonista de Cuéntame" (en castelán). 5 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  9. Onieva, Por Álvaro (5 de decembro de 2018). "'Cuéntame cómo pasó' cambia a la actriz que interpreta a María en su temporada 20" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  10. "Carmen Climent". Consultado o 7 de decembro de 2018. 
  11. ATRESPLAYER (19 de xuño de 2019). "Terror.app" (en castelán). Consultado o 19 de xuño de 2019.