Carmen Álvarez Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Álvarez Lorenzo
Nome completoCarmen Isabel Álvarez Lorenzo
Nacemento1970
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónInvestigadora, Catedrática de Universidade
Coñecida porInvestigacións sobre os hidroxeis sensíbeis a estímulos intelixentes
EstudosDoutora en Farmacia
OrganizaciónUniversidade de Santiago de Compostela
PremiosMembro da Academia de Farmacia de Galicia
Membro da Real Academia Galega de Ciencias
Na rede
carmen.alvarez.lorenzo@usc.es
carmen.alvarez.lorenzo@usc.es
editar datos en Wikidata ]

Carmen Álvarez Lorenzo, nada en Santiago de Compostela en 1970,[1] é unha farmacéutica, e académica especializada no campo dos novos sistemas poliméricos para aplicacións farmacéuticas e biomédicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carmen Álvarez é licenciada e doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese "Hidroxipropilcelulosas (L-HPCs y HPCs) como excipientes base en liberación controlada: importancia", lida en 1998 e dirixida polo Dr. Ángel Concheiro Nine.[2]

Realizou unha estadía entre 1998 e 2001 no Departamento de Física e Centro para Ciencia e Enxeñaría de Materiais no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).[3] Posteriormente, incorporouse como investigadora do Programa Ramón y Cajal ao Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, no que é profesora dende o 2007 e catedrática dende outubro do 2020.[4]

Realiza o seu labor investigador no grupo I+DFarma, sendo coautora de numerosos artigos en revistas indexadas, comunicacións a congresos, dous libros e 17 patentes.[5][6] É membro de consorcios europeos orientados ao deseño de novos sistemas de administración de fármacos para enfermidades oculares e a sistemas trampa para células tumorais. Recentemente foi nomeada fellow da asociación American Institute for Medical and Biological Engineering (AIMBE).[5]

Participa activamente en actividades de achegas á Ciencia (Campus de Verán da FECYT) e para persoas maiores a través do Cuarto Ciclo. Ademais de coordinar o mestrado Interuniversitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía.

É académica de número da Academia de Farmacia de Galicia, e ten sido distinguida con diversos premios.[7][8][9] Entre eles a medalla Ánxeles Alvariño González, da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da Real Academia Galega de Ciencias.[10]

O 27 de setembro de 2022 ingresou como académica de número na Real Academia Galega de Ciencias, ocupando unha cadeira na Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde.[11]

Publicacións, teses dirixidas, membro de Tribunais de teses e patentes[editar | editar a fonte]

A doutora Álvarez Lorenzo é autora de 372 publicacións (1 libro, 14 capítulos de libros, 340 artigos, 11 relatorios en Congresos e 6 máis), dirixíu 21 teses de doutoramento, partcipou como membro en 20 tribunais de teses de doutoramnto, e rexistrou 16 patentes.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CV Carmen Álvarez Lorenzo" (PDF). Academia de Farmacia de Galicia. Consultado o 19-2-2021. 
  2. 2,0 2,1 USC. Portal de investigación. Consultado o 27 de setembro ce 2022.
  3. Redacción (2015-09-29). "A profesora da USC Carmen Álvarez ingresa na Academia de Farmacia de Galicia". GCiencia. Consultado o 2021-02-19. 
  4. "Investigadores de la Universidad de Santiago – Galicia". imaisd.usc.es. Consultado o 2021-02-19. 
  5. 5,0 5,1 Redacción (2021-02-19). "Carmen Álvarez ingresa no American Institute for Medical Engineering". GCiencia. Consultado o 2021-02-19. 
  6. "Cómo hacer de las lentes de contacto un medicamento". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-05-01. Consultado o 2021-02-19. 
  7. Redacción (2015-09-14). "O grupo I+D Farma da Universidade de Santiago gaña o premio Antonio Usero de Ciencias da Saúde". GCiencia. Consultado o 2021-02-19. 
  8. "Premio a una empresa surgida en la USC". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-11-12. Consultado o 2021-02-19. 
  9. Redacción (2015-09-15). "Premio da Sociedade Europea de Biomateriais para unha investigación do grupo I+D Farma". GCiencia. Consultado o 2021-02-19. 
  10. Redacción (2021-09-29). "Cinco recoñecidas figuras científicas reciben as Medallas de Investigación da RAGC". GCiencia. Consultado o 2021-09-29. 
  11. Viñas, María (27 de setembro de 2022). "«En un par de años habrá lentillas para curar la miopía a los niños»". La Voz de Galicia. Consultado o 22 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]