Carmela Otero Túñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Carmela Otero Túñez
Nacemento25 de agosto de 1932
 Santiago de Compostela
Falecemento23 de outubro de 1981
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónBibliotecaria, investigadora e escritora
XénerosBiblioloxía, biblioteconomía
EstudosLincenciada en Filosofía e Letras
ProfesiónBibliotecaria
OrganizaciónUniversidade de Santiago de Compostela
editar datos en Wikidata ]

María del Carmen Otero Túñez, máis coñecida como Carmela Otero Túñez, nada en Santiago de Compostela o 25 de agosto de 1932,[1] e finada na mesma cidade o 23 de outubro de 1981,[2] foi unha bibliotecaria galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carmela Otero realizou os estudos de Filosofía e Letras na Universidade da súa cidade natal, onde se graduou co traballo de investigación (tese de licenciatura) Política africana de Isabel II, En 1956 obtivo por oposición unha praza na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela, na que desenvolveu o seu traballo até o día da súa morte.[1]

Durante os vinte e cinco anos de traballo nesta biblioteca tivo ao seu cargo, ademais da reorganización e ordenación da Biblioteca América, a catalogación e clasificación da maior parte dos libros de novo ingreso que diariamente ían arrequecendo os fondos da Biblioteca Xeral da Universidade, tarefas que compaxinou coa investigación. Na súa primeira etapa investigadora colaborou asiduamente con José María de Bustamante y Urrutia; en 1959 publícase o volume 1º do tomo V dos Catálogos da Biblioteca Universitaria e, en 1963, o 2º volume, nos que se inclúen 15 200 libros. Morto xa Bustamante, en 1967 Otero Túñez entregou á imprenta, como derradeiro froito daquela colaboración, un novo volume de preto de 300 páxinas que contén os índices correspondentes.[1]

En 1968 comezou a publicar a edición de novos catálogos destinados a incluír todos os fondos que, procedentes doutras institucións, como a Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, incrementaron os da Universidade, e tamén os desta que, por razóns diversas, tampouco non foran incluídos nos catálogos anteriores. A maioría das súas obras publicáronse despois da súa morte.[1]

Publicacións[editar | editar a fonte]

As principais publicacións de Carmela Otero Túñez son:[3]

  • Política africana de Isabel II (1957). Memoria de licenciatura, dirixida por Ángel Rodríguez González.
  • Catálogos de la Biblioteca Universitaria (1944-1967). Universidade de Santiago de Compostela. Secretariado de Publicacións.
  • Más libros y folletos de la Universidad Compostelana (1982-1984). Universidade de Secretariado de Compostela. Secretariado de Publicacións.
    • Tomo I: Impresos de los siglos XV, XVI y XVII, no incluidos en los Catálogos del Sr. José Mª de Bustamante. Prólogo, Manuel C. Díaz y Díaz. ISBN 84-7191-296-1.
    • Tomo II, 1: Impresos de la primera mitad del siglo XVIII no incluidos en los Catálogos del Ilmo. Dr. D. José Mª de Bustamante. Prólogo Antonio Tovar Llorente. ISBN 84-7191-312-7.
    • Tomo II, 2: Impresos de la segunda mitad del XVIII y otros sin datación segura del mismo siglo no incluidos en los Catálogos del Ilmo. Sr. D. José Mª de Bustamante. Prólogo de Amalia Sarriá. ISBN 84-7191-296-1.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Daría Estefanía Álvarez (1974): "Otero Túñez, Carmela", na Gran Enciclopedia Galega, Tomo 23. Santiago / Gijón: Silverio Cañada, Editor. ISBN 84-7286-214-3.
  2. Daría Estefanía Álvarez (1986): "Otero Túñez, Carmela", na Gran Enciclopedia Galega, Tomo 23, Santiago / Gijón: Silverio Cañada, Editor. ISBN 84-7286-031-0.
  3. Catálogo Iacobus USC.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]