Carmela García-Moreno
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1945 Madrid |
| 10 de novembro de 1982 – 23 de abril de 1986 Lexislatura: II lexislatura de España Circunscrición electoral: Murcia Electa en: Eleccións Xerais 1982 en España | |
| 20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
| | |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | política, socióloga |
| Partido político | Partido Popular Partido de Acción Democrática Unión de Centro Democrático Partido Socialista Obreiro Español |
Carmela García-Moreno Teixeira, nada o 12 de agosto de 1945 en Madrid,[1] é unha política e socióloga española.[2][3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, foi membro do Partido Popular, a formación política fundada en 1976 por Pío Cabanillas e José María de Areilza, e que se integrou na Unión de Centro Democrático (UCD).[2] Foi membro do Comité executivo da UCD e resultou elixida deputada no Congreso nas eleccións xerais de 1979 pola circunscrición de Madrid. Durante o goberno de Adolfo Suárez, foi nomeada Directora xeral de Xuventude e de Promoción Sociocultural, con Íñigo Cavero como ministro,[2][4] cargo do que cesou en novembro de 1981 tras abandonar o grupo centrista e pasar ao grupo mixto.[5] Durante o período de crise da UCD entre 1981 e 1982, incorporouse ao Partido de Acción Democrática (PAD) liderado por Francisco Fernández Ordóñez. Cando esta formación política se integrou no Partido Socialista Obrero Español (PSOE), apoiou a integración aínda que remarcou que se consideraba socialdemócrata e non socialista.[4] Renovou escano nas filas do PSOE nas eleccións xerais de 1982 pola circunscrición de Murcia,[3] e na seguinte lexislatura foi elixida senadora.[6] Foi vicedecana do Colexio Nacional de Doutores e Licenciados en Ciencias Políticas e Socioloxía.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Congreso dos Deputados (congreso.es) (en castelán) https://www.congreso.es/es/busqueda-de-diputados?p_p_id=diputadomodule&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&_diputadomodule_mostrarFicha=true&codParlamentario=306&idLegislatura=I&mostrarAgenda=false. Consultado o 27/08/2026.
García-Moreno Teixeira, Carmela. Ficha personal: Nacida el 12/08/1945 en Madrid. Diputada de la I y II Legislaturas [...]
Falta o|title=(Axuda) - 1 2 3 "Entrevista a Carmela García-Moreno". Diario ABC: 146. 20 de abril de 1980. Consultado o 19 de agosto de 1981.
- 1 2 Congreso dos Deputados (ed.). "Ficha de García-Moreno Teixeira, Carmela". Consultado o 19 de agosto de 2013.
- 1 2 "Carmela García Moreno, la que fue promesa femenina del centro". El País. 29 de xaneiro de 1983. Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ "Cese de Carmela García-Moreno". El País. 17 de novembro de 1981. Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ Senado de España (ed.). "Ficha de la Senadora García-Moreno Teixeira, Carmela". Consultado o 19 de agosto de 2013.
- ↑ Biblioteca Nacional de España, ed. (13 de xuño de 2013). "Mesas redondas sobre La Transición en tinta china" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2014. Consultado o 19 de agosto de 2013.