Saltar ao contido

Carlos Vicente Robles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCarlos Vicente Robles

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1999 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Zaragoza Editar o valor en Wikidata
Altura1,79 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo Editar o valor en Wikidata

Instagram: carlosvcnt_ Editar o valor en Wikidata

Carlos Vicente Robles, nado en Zaragoza o 23 de abril de 1999, é un futbolista aragonés que xoga na posición de extremo dereito. O seu equipo actual é o Birmingham City do EFL Championship.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Tras comezar a súa formación no Stadium Casablanca, en 2017 ingresou nas categorías inferiores do Real Zaragoza. Debutou co Deportivo Aragón o 24 de setembro dese ano como substituto nun partido de Segunda División B contra o Badalona. O 2 de setembro de 2018 anotou o seu primeiro gol sénior nunha vitoria por 4-0 perante o Calamocha.[1] Durante a tempada 2018/19 da Terceira División, Carlos Vicente marcou 10 goles e xogou a promoción de ascenso co filial aragonés, sendo finalmente eliminado.

O 5 de outubro de 2020, Vicente asinou un contrato dunha tempada co Gimnàstic de Tarragona e foi asignado ao seu filial, o Club de Futbol La Pobla de Mafumet.[2] Tras disputar un único encontro co equipo catalán, o 6 de novembro de 2020 saíu do Nàstic e fichou pola Sociedad Deportiva Ejea en decembro dese ano.[3][4] O 24 de xuño de 2021 pasou a formar parte do Club Deportivo Calahorra da Primeira División RFEF. Na tempada 2021/22 anotou 11 goles para o conxunto rioxano, a mellor marca de Vicente nesa altura.[5]

Racing de Ferrol

[editar | editar a fonte]

O 30 de xuño de 2022 anunciouse a fichaxe de Carlos Vicente polo Racing de Ferrol, tamén na terceira categoría.[6] Vicente participou en todos os partidos da tempada e contribuíu con 8 goles para lograr o regreso do Racing á Segunda División tras 15 anos. O 12 de agosto de 2023 estreouse no fútbol profesional como titular nunha vitoria por 1-0 perante o Elche Club de Fútbol. O primeiro gol profesional de Vicente tivo lugar o 10 de setembro dese ano, cando marcou un penalti para lograr un empate por 2-2 contra o Villarreal B.

Deportivo Alavés

[editar | editar a fonte]

O 22 de decembro de 2023 fíxose oficial o traspaso de Carlos Vicente ao Deportivo Alavés da Primeira División cun contrato por tres anos e medio.[7] Vicente debutou na máxima categoría o 2 de xaneiro de 2024, cando entrou como subtituto de Antonio Blanco nun encontro perante a Real Sociedad.

Birmingham City

[editar | editar a fonte]

O 27 de xaneiro de 2026 Carlos Vicente asinou un contrato por tres anos e medio co Birmingham City do EFL Championship.[8] O seu debut na liga inglesa tivo lugar o 31 de xaneiro dese ano, cando entrou como substituto e asistiu un dos goles para unha vitoria por 2-0 contra o Oxford United.[9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Carlos Vicente ten un irmán xemelgo que tamén é futbolista, David. Xoga na posición de lateral dereito e tamén formou parte do Real Zaragoza.[10]

  1. "El RZD Aragón sentencia al Calamocha en la primera parte" (en castelán). Heraldo de Aragón. 2 de setembro de 2018. Consultado o 6 de xuño de 2023.
  2. "Carlos Vicente, nuevo jugador del Nàstic" (en castelán). Gimnàstic de Tarragona. 5 de outubro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2023.
  3. "Carlos Vicente deixa el Nàstic" (en catalán). Gimnàstic de Tarragona. 6 de novembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2023.
  4. "La SD Ejea incorpora un canterano del Real Zaragoza en plena revolución" (en castelán). El Desmarque. 30 de decembro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2023.
  5. "Carlos Vicente ya es del RCF" (en castelán). Racing de Ferrol. 30 de xuño de 2022. Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2022. Consultado o 6 de xuño de 2023.
  6. "El extremo Carlos Vicente, tercer fichaje del Racing de Ferrol" (en castelán). DxT Campeón. 30 de xuño de 2022. Consultado o 11 de febreiro de 2026.
  7. "Carlos Vicente, fuerza y desborde para el carril albiazul" (en castelán). Deportivo Alavés. 22 de decembro de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2023.
  8. "Blues complete signing of Carlos Vicente". BCFC.com. Birmingham City FC. 27 de xaneiro de 2026. Consultado o 27 de xaneiro de 2026.
  9. "Oxford Utd Vs Birmingham CIty match report" (en inglés). BBC Sport. 31 de xaneiro de 2026. Consultado o 1 de febreiro de 2026.
  10. "Los hermanos Vicente y el nuevo paradigma de la cantera" (en castelán). El Desmarque. 7 de outubro de 2020. Consultado o 6 de xuño de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]